Viveiro, 15 de xuño, 2026. O BNG de Viveiro presentou un total de 32 alegacións ao estudo de alternativas para a variante de Viveiro, nas que reclama descartar aquelas opcións que rompen co modelo de Vía de Alta Capacidade (VAC) previsto historicamente para a Costa Norte.
A portavoz municipal, Iria Cotelo, subliña que “non ten sentido que despois de máis de vinte e cinco anos de planificación, estudos e acordos institucionais se pretenda agora substituír unha Vía de Alta Capacidade por unha estrada convencional que non responde ás necesidades reais de Viveiro”.
Cotelo lembra que a integración da variante na VAC Costa Norte é un compromiso adquirido pola propia Xunta e avalado durante décadas polos documentos estratéxicos e polas demandas sociais e económicas de Viveiro e da Mariña.
A variante, avalada pola planificación da Xunta desde hai máis de dúas décadas
O BNG, co asesoramento técnico do concelleiro e enxeñeiro de Camiños Seve Salgueiro, lembra que a necesidade dunha variante integrada na VAC Costa Norte está recollida en múltiples documentos oficiais:
– Plan Director de Infraestruturas de Galicia 2001-2010, que xa contemplaba esta infraestrutura.
– Redefinición posterior como Vía de Alta Capacidade con posibilidade de desdobramento futuro.
– Resolución da Xunta do 4 de xullo de 2006, que aprobou a información pública e o impacto ambiental da variante dentro da VAC Ferrol–Barreiros.
Por este motivo, o BNG considera que as alternativas 4 e 5 deben ser descartadas, ao tratarse de estradas convencionais que non cumpren nin coa planificación oficial nin co contrato de actualización da VAC Costa Norte adxudicado en 2018.
Críticas ao estudo comparativo da Xunta
Nas alegacións, o BNG cuestiona a validez do estudo comparativo elaborado pola Xunta. Segundo a formación, non se trata dunha análise real de alternativas para un mesmo obxectivo, senón dunha comparación entre infraestruturas con características e finalidades distintas.
Tamén critica a metodoloxía da análise multicriterio por:
– Carecer dun criterio claro para normalizar indicadores
– Non incluír unha análise de sensibilidade dos pesos
– Incorporar valoracións que poden introducir sesgos
“A Xunta non pode comparar opcións distintas coma se perseguisen o mesmo obxectivo. Unha VAC e unha estrada convencional non ofrecen o mesmo servizo nin resolven os mesmos problemas”, afirma Cotelo.
Deficiencias na avaliación económica
O BNG denuncia que o estudo emprega distintos niveis de detalle para calcular os custos das alternativas, o que impide unha comparación rigorosa. Ademais, non se valoran os beneficios de desviar o tráfico da LU-540 ao seu paso por Magazos e Landrove, tanto en termos económicos como de seguridade viaria e calidade de vida.
Propostas do BNG
Entre as alegacións, o BNG solicita:
– Revisar os criterios funcionais (adiantamentos, eliminación de interseccións ao mesmo nivel, tempos de percorrido, capacidade de desdobramento)
– Unha nova avaliación da integración territorial
– Ter en conta que só as alternativas 1 e 2 están recollidas no PXOM de Viveiro, achegando maior seguridade xurídica
– Reconsiderar a afectación real das alternativas 4 e 5 sobre Magazos e A Calzada
– Revisar o número de vivendas afectadas
Impacto patrimonial e ambiental
O BNG considera insuficiente a análise patrimonial e ambiental, especialmente pola proximidade da alternativa 5 ao casco histórico e a elementos patrimoniais relevantes. Tamén destaca que unha variante completa afastaría o tráfico pesado do río Landro e das áreas residenciais, mellorando a protección ambiental e a seguridade.
“Unha infraestrutura clave para o futuro de Viveiro”
“Estamos a falar dunha infraestrutura clave para o futuro de Viveiro e de toda a Mariña. Necesitamos unha solución que mellore a mobilidade, aumente a seguridade e respecte os compromisos adquiridos, non un proxecto rebaixado que condene á veciñanza a seguir soportando o tráfico pesado nas actuais travesías”, conclúe Cotelo.
O BNG defende que Viveiro precisa dunha solución coherente coa planificación aprobada nos últimos vinte e cinco anos e que responda ás necesidades de mobilidade, desenvolvemento económico e seguridade da poboación.

























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



