Alfoz, 16 de xuño, 2026. Coincidindo co inicio da época estival, o Concello de Alfoz vén de celebrar a clausura da undécima edición do programa ActivaMENTE, unha iniciativa xa consolidada no municipio e que este ano contou coa participación de 37 persoas.
As sesións desenvolvéronse entre outubro e xuño, os martes e xoves en horario de 10:30 a 12:30 horas. Ao longo destes meses, as persoas participantes realizaron actividades orientadas á estimulación cognitiva, favorecendo o mantemento das capacidades mentais e promovendo hábitos saudables para un envellecemento activo.
O programa ActivaMENTE está dirixido a persoas maiores e/ou con discapacidade e ten como obxectivo principal previr o deterioro cognitivo, reforzar a memoria, a atención e outras funcións executivas. Ademais, constitúe un espazo de encontro e socialización que contribúe a fortalecer os vínculos entre as persoas participantes e a mellorar o seu benestar emocional e social, aspectos fundamentais para unha boa calidade de vida.
A alcaldesa de Alfoz e responsable da área de Servizos Sociais, Efigenia Maseda, destacou a importancia desta iniciativa, sinalando que “ActivaMENTE é moito máis ca un programa de estimulación cognitiva; é un espazo de convivencia, aprendizaxe e apoio mutuo que contribúe a que as persoas participantes se manteñan activas, conectadas e integradas na vida social do municipio”.
Maseda quixo tamén agradecer “a implicación e constancia das 37 persoas que participaron nesta edición, que fan posible que este programa continúe medrando ano tras ano e se converta nun referente dentro das políticas de benestar social do Concello”.
Con esta clausura, o Concello de Alfoz reafirma o seu compromiso co desenvolvemento de programas que promovan un envellecemento activo e saudable, apostando por iniciativas que melloren a calidade de vida das persoas maiores e con discapacidade do municipio. Co remate desta edición, chega agora o momento dunha merecida pausa estival.



























O acto inaugural terá lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo será a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completarase coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



