A Mariña, 16 de xuño de 2026. A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense mantivo hoxe a primeira reunión con representantes das 20 empresas de produtos e servizos turísticos novos que aspiran a acadar a distinción Compromiso de Turismo Responsable dentro do programa de Sostibilidade, Intelixencia e Calidade Turística no Ecosistema do Destino (SICTED). A adhesión ao SICTED na Mariña é totalmente gratuíta e contempla no seu proceso a realización de catro seminarios formativos e diversas visitas individualizadas para os establecementos participantes.
A reunión de hoxe é a primeira das formacións presenciais previstas nesta convocatoria. Neste mes de xuño están tendo lugar ademais visitas individuais aos servizos adheridos, para sentar as bases de coñecemento e de traballo para cada entidade de nova inscrición máis os que xa estaban no programa. O proceso retomarase durante os meses de setembro, outubro e novembro.
Esta convocatoria, que supón un paso máis no compromiso de creación dun sector turístico diverso e de calidade, tivo unha importante repercusión e resultou co interese de 20 novas entidades que ofrecen aloxamentos, experiencias, restauración, artesanía, turismo activo, servizos de taxi e información turística.
Na actualidade a Mancomunidade conta con 39 servizos turísticos adheridos dos sectores do aloxamento, restauración, guías, oficinas de turismo, museos, artesáns e turismo activo. Co proceso de adhesión que iniciarán estas 20 entidades poderíase incrementar ata 59 o número de empresas de produtos e servizos con calidade distinguida.
Competitividade e sostibilidade
O SICTED na Mariña desenvólvese ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística, cofinanciado pola propia Mancomunidade, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo, e ten como obxecto principal sumar esforzos dos diferentes axentes e empresas que participan no sector turístico da Mariña, para traballar conxuntamente pola calidade, un turismo responsable e a mellora do destino.
Este sistema permite introducir ferramentas de xestión de utilidade para os negocios, contribuíndo á mellora da calidade dos seus servizos; mellorar a coordinación e o traballo en equipo para xuntar esforzos a nivel global de destino; sensibilizar sobre a importancia da mellora continua; analizar a percepción de calidade de usuarios e visitantes; aportar valor ás empresas; e introducir a variable ambiental e social na súa xestión.
Este ano ademais, o SICTED, promovido pola Secretaría de Estado de Turismo (SETUR), co apoio da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP), trae interesantes novidades. Logo de 25 anos de traxectoria, renóvase para adaptarse á evolución do sector turístico e aos novos retos do modelo turístico español. O programa pasa a definirse como Sostibilidade, Intelixencia e Calidade Turística no Ecosistema do Destino, avanzando cara a un modelo de turismo máis responsable que integra a calidade coa sostibilidade e co uso de ferramentas tecnolóxicas avanzadas.
Nesta nova etapa, o SICTED mantén a calidade como eixo fundamental da competitividade turística, incorporando ademais a sostibilidade nas súas dimensións económica, social e ambiental. O obxectivo é reforzar o papel dos destinos e das pequenas empresas turísticas dentro do ecosistema turístico español, ofrecendo ferramentas máis útiles, flexibles e adaptadas ás necesidades reais do sector.



















Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



