Viveiro, 17 de xuño, 2026. O Grupo Municipal Socialista de Viveiro valora positivamente o anuncio da próxima reparación da pasarela do paseo fluvial, unha actuación que consideran necesaria para a veciñanza e para todas as persoas que empregan este espazo. Porén, o PSOE aclara que esta intervención non responde a xestións do actual goberno municipal, senón ao traballo iniciado e impulsado polo anterior executivo socialista.
Segundo lembran, o 15 de febreiro de 2025, sendo alcaldesa María Loureiro, xa se informara publicamente de que o proxecto estaba en fase de licitación por parte de Costas, tras as xestións realizadas polo Concello ante o Goberno de España para garantir a súa execución. Por este motivo, o grupo socialista amosa a súa sorpresa ante o feito de que agora se presente esta actuación como resultado de xestións recentes, cando o procedemento administrativo estaba xa en marcha antes da moción de censura.
O PSOE subliña que os tempos das administracións son longos e que moitas das obras que se anuncian na actualidade corresponden a expedientes iniciados no mandato anterior. Consideran fundamental que as actuacións se executen e dean resposta ás necesidades da cidadanía, pero tamén que se respecte a verdade e se recoñeza o traballo realizado desde o inicio de cada proxecto.
O grupo socialista afirma que continuará defendendo a lealdade institucional e a honestidade política. Aseguran non ter problema en celebrar que os proxectos avancen, mais non permitirán que se reescriba a historia nin que se atribúan méritos que non corresponden. Lembran que a reparación da pasarela do paseo fluvial é o resultado dun proceso iniciado polo anterior goberno socialista e dunha tramitación que agora chega á súa fase final. “As obras pasan, pero os expedientes e a hemeroteca quedan”, conclúen.






















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



