José Manuel Balseiro destaca que esta confirmación é especialmente relevante porque o novo forno de ánodos foi identificado desde hai anos como unha das actuacións máis importante para reforzar a competitividade da planta e garantir a súa viabilidade a longo prazo
Lugo, 17 de xuño de 2026. O senador do PP de Lugo, José Manuel Balseiro, explica que logramos que o Goberno confirme por escrito que os 40,4 millóns de euros concedidos a Alcoa a través do PERTE de Descarbonización Industrial están destinados á substitución do actual forno de cocción de ánodos da planta de San Cibrao, unha infraestrutura estratéxica para o futuro da factoría e para a continuidade da actividade industrial na Mariña.
Balseiro explica que tivemos que reclamar esta información mediante unha iniciativa parlamentaria no Senado ante a falta de claridade do Executivo sobre o destino concreto dos fondos públicos e a súa relación cos investimentos comprometidos pola compañía.
“A pesar da importancia desta axuda e das expectativas xeradas na comarca, o Goberno non aclarara ata o momento se estes recursos públicos contribuían realmente á construción do novo forno de ánodos. Foi necesario que o Partido Popular formulase preguntas directas no Senado para que o Executivo o confirmase oficialmente”, sinalou.
Na resposta remitida ao Grupo Popular, o Goberno recoñece expresamente que o obxectivo do proxecto financiado é “a substitución do forno de cocción de ánodos operativo na fábrica de San Cibrao por unha nova instalación”, confirmando así que a infraestrutura está incluída dentro das actuacións subvencionadas.
O Executivo detalla ademais que o proxecto presentado por Aluminio Español, filial de Alcoa, supón un investimento total de 134,8 millóns de euros, dos que 40,44 millóns serán achegados a través do PERTE de Descarbonización Industrial. As actuacións previstas inclúen a modernización integral do proceso de cocción de ánodos e a implantación dun novo sistema de combustión máis eficiente e adaptado ás esixencias ambientais europeas.
José Manuel Balseiro destaca que esta confirmación é especialmente relevante porque o novo forno de ánodos foi identificado desde hai anos como unha das actuacións máis importantes para reforzar a competitividade da planta e garantir a súa viabilidade a longo prazo.
“Estamos a falar dunha infraestrutura clave para o futuro de San Cibrao e para centos de postos de traballo directos e indirectos. Por iso era imprescindible coñecer con total transparencia a finalidade destes fondos públicos e os compromisos asociados a eles”, afirmou.
A resposta do Goberno tamén sinala que o proxecto conta xa con proposta de resolución definitiva favorable e que o prazo de execución das actuacións financiadas estenderase ata o ano 2031.






















En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



