O secretario xeral do PSdeG asegurou que, unha vez que a empresa aceptou os 40 millóns de euros do Perte de descarbonización, “xa non hai ningún obstáculo” para poñer en marcha o novo equipo para a fabricación de ánodos
Cervo, 20 de xuño de 2027. O secretario xeral do PSdeG e portavoz do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, reclamou hoxe desde Cervo axilidade no que considera un paso clave para o futuro de Alcoa. “Xa non hai máis tempo que perder. A empresa debe acelerar o forno de cocción para apuntalar o futuro de San Cibrao”, defendeu despois de manter, na sede socialista de San Cibrao, unha reunión de traballo coa presidenta da Deputación, Carmela López; alcaldes, alcaldesas e portavoces socialistas da Mariña e representantes socialistas no Congreso e no Senado para analizar a situación da factoría e abordar, de maneira coordinada, os retos que ten a comarca da Mariña.
Besteiro asegurou que, unha vez que a empresa xa aceptou os máis de 40 millóns de euros que o Goberno lle concedeu a través do Perte de descarbonización, “xa non hai ningún obstáculo” para iniciar a construción do novo equipo industrial que permitirá fabricar ánodos na propia factoría en vez de recorrer á súa importación. “Vai ser un investimento moi importante para a viabilidade futura do complexo”, subliñou.
Ese proxecto apuntalará a situación da planta, que mellorou de xeito significativo nos últimos anos. De feito, hoxe ten todas as cubas en funcionamento grazas ao acordo de viabilidade avalado polos traballadores e as medidas impulsadas polo Goberno do Estado.
A xestión dos residuos
O líder socialista referiuse tamén á balsa de lodos da planta mariñá, para reclamarlle ao Goberno de Rueda “que se poña as pilas” e, da man da empresa, sumando a centros de investigación e ás universidades, acade “unha solución definitiva” para eses residuos.
“Non podemos fiar o futuro do complexo ás subidas de cota da balsa”, afirmou para insistir na necesidade tanto de recuperar materiais útiles dese depósito como en acadar que os que non se poidan valorizar “sexan inertes”. Nese senso, sinalou que se trata, ao mesmo tempo, dunha cuestión medioambiental.
Enerxía
“E apostamos non só polo forno de cocción, a mellora da situación dos lodos: tamén por mellorar a conexión eléctrica da planta”, salientou José Ramón Gómez Besteiro para formular tres reivindicacións.
Unha delas está dirixida á empresa: “Ten que ser eficiente e cada vez menos dependente do consumo eléctrico”. Outra, á Xunta, xa que ten paralizados seis proxectos eólicos, suspendidos cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. E finalmente, ao Estado, ao que tamén lle pediu “que resolva definitivamente o concurso dos parques que quedaron pendentes por non cumprir os fitos que se marcaban no seu momento”.
Con todo, apuntou que se precisan mellores condicións no subministro de enerxía eléctrica. “O prezo non é o de hai catro anos, cando se asinou o acordo de viabilidade. Baixaron os prezos, pero tan importante como recibir enerxía máis barata é ser eficiente para conseguir que se consuma menos”, insistiu. Para iso, é necesario seguir avanzando na modernización da planta e consolidar no tempo esas vantaxes, defendeu.
A “deplorable” posición do novo goberno local lucense
Por outra banda, Besteiro cualificou de “verdadeira aberración” que o Concello de Lugo impedise onte a celebración dun acto no Vello Cárcere, no que participaba o secretario de Estado de Memoria Democrática, polo simple feito de que se ía por en valor a declaración do edificio como lugar de memoria.
“Foi un traballo que impulsou por parte do alcalde Miguel Fernández”, recordou o secretario xeral socialista, que destacou tamén que Lugp se une así a outros lugares de memoria en Galicia, como a Illa de San Simón ou pazo de Meirás. “Dentro duns meses confirmarase esa declaración”, avanzou. Para Besteiro, é “deplorable” que desde actual alcaldía de Lugo se “torpedeara” o acto, marcando “cal é a posición do novo goberno local”.























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



