O senador lucense defenderá o vindeiro martes na Comisión de Pesca do Senado unha moción para reforzar a influencia de España na UE, combater a competencia desleal e protexer un dos sectores estratéxicos de Galicia e do conxunto do país
Lugo, 21 de xuño de 2026. O senador do Partido Popular por Lugo, José Manuel Balseiro, defenderá o vindeiro martes, 23 de xuño, na Comisión de Pesca do Senado unha moción para impulsar unha Estratexia Española de Diplomacia Oceánica que permita recuperar o liderado que España perdeu nos últimos anos na defensa dos intereses do sector pesqueiro ante as institucións europeas e internacionais.
Balseiro considera que España, como primeira potencia pesqueira da Unión Europea, non pode seguir desempeñando un papel secundario mentres aumentan as restricións, a carga burocrática, os custos de explotación e a competencia de produtos procedentes de terceiros países que operan baixo estándares moito menos esixentes que os que se lle impoñen á nosa frota.
“Galicia e España son unha referencia mundial en pesca, transformación e comercialización de produtos do mar. Non se pode ser unha potencia pesqueira en Europa e actuar como un convidado de pedra nas negociacións. O Goberno debe recuperar influencia e liderado para defender aos nosos profesionais do mar”, sinala o senador popular.
Balseiro lamenta que o Goberno de España e o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación non estean exercendo a influencia que lle corresponde a un país co peso pesqueiro de España, o que se traduce nunha menor capacidade para condicionar decisións europeas, defender os intereses da nosa frota e combater determinadas correntes de ecoloxismo radical que pretenden impor novas limitacións a quen vive do mar.
Neste sentido, contrapón a actitude do Executivo central coa posición mantida por comunidades como Galicia e pola Xunta, que levan anos defendendo con firmeza ao sector pesqueiro fronte a decisións adoptadas desde despachos afastados da realidade dos portos, das confrarías e dos profesionais do mar.
“O problema non é defender o medio ambiente. Iso compartímolo todos. O problema é cando determinadas posicións ideolóxicas pretenden converter aos pescadores nun problema, cando son precisamente os primeiros interesados na conservación dos recursos mariños”, afirma.
CLÁUSULAS ESPELLO
Un dos eixos centrais da iniciativa será a defensa da implantación efectiva das chamadas cláusulas espello en toda a Unión Europea, unha medida que o Partido Popular considera fundamental para garantir unha competencia leal.
A través desta fórmula, ningún produto pesqueiro importado podería acceder ao mercado comunitario sen cumprir os mesmos requisitos sanitarios, ambientais, laborais, de trazabilidade e de pesca legal e regulamentada que se esixen á frota española e europea.
“Se aos nosos pescadores se lles esixe cumprir as normas máis rigorosas do mundo, non é aceptable que se permita vender nos nosos mercados peixe procedente de países que non respectan esas mesmas obrigas. Iso non é libre comercio; iso é competencia desleal”, sostén Balseiro.
O senador popular advirte de que a actual situación está penalizando ás empresas e aos profesionais que fan as cousas ben e cumpren coa normativa europea, ao tempo que favorece a entrada de produtos procedentes de terceiros países sometidos a controis moito menos estritos.
Por este motivo, a moción tamén reclama reforzar os controis sobre as importacións, intensificar a loita contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, defender un maior financiamento europeo para o sector e reforzar a presenza de España nos organismos internacionais onde se deciden cuestións estratéxicas para o futuro da pesca.
“Xa é hora de que as institucións estean á altura dos homes e mulleres do mar. España debe recuperar o liderado que lle corresponde como primeira potencia pesqueira da Unión Europea e defender con firmeza os intereses dun sector estratéxico para Galicia e para o conxunto do país”, conclúe.





















En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



