A programación deste terceiro trimestre do ano ofrece un total de 12 propostas con 190 prazas para todos os públicos, e terá lugar do 16 de agosto ao 3 de outubro nas Reservas da Biosfera en Terras do Miño e Os Ancares Lucenses
Lugo, 21 de xuño de 2026. A Deputación de Lugo abre mañá luns, día 22 de xuño a partir das 8 da mañá, o prazo para que todas as persoas interesadas poidan inscribirse na nova programación de actividades gratuítas e de lecer que organiza a institución provincial para este terceiro trimestre do ano. O calendario inclúe 12 propostas que tratan de fomentar o lecer saudable e a educación ambiental nas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá, xestionadas pola propia Deputación. A programación estenderase dende o 16 de agosto ata o 3 de outubro e inclúe un total de 190 prazas para toda a veciñanza.
Actividades na Reserva Terras do Miño
As actividades na Reserva Terras do Miño iniciaranse a semana do 31 de agosto ao 4 de setembro co obradoiro Rematando o verán, en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 15 prazas e está dirixido a nenos e nenas.
A seguinte semana, do 7 ao 11 de setembro terá lugar o obradoiro Reciclaxe práctico para a vida cotiá, para adultos, en horario de 10:00 a 14:00 horas, con 15 prazas dispoñibles.
Do 14 ao 18 de setembro celebrarase o obradoiro Baños de Bosque, de 16:00 a 18:00 horas, con 15 prazas para adultos. A semana do 28 de setembro ao 2 de outubro, desenvolverase a actividade Ferramentas Dixitais para un Futuro Sostible, en horario de 10:00 a 14:00 horas. Nesa mesma semana, os días 28,29 e 30 de setembro, organízase o obradoiro Coñecer Os Anfibios: Especies, costumes e onde atopalo para adultos, de 16:00 a 19:00 horas, con 10 prazas.
No mes de outubro tamén, os días 1, 2 e 3 celebrarase o obradoiro de Iniciación na Gravación de Anfibios, para adultos, de 16:00 a 19:00 horas, con 10 prazas. Todas as actividades celebraranse no Centro de Interpretación de Terras do Miño.
Actividades na Reserva Os Ancares Lucenses
As actividades na Reserva da Biosfera Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá darán comezo o 16 de agosto en Becerreá cunha Xornada de Cántigas e Baile Tradicional en Quintá de Cancelada, de 12:00 a 14:00 horas, destinado a adultos e con 30 prazas dispoñibles. Tamén, no Centro Social deste municipio desenvolverase os días 7 e 8 de setembro un Obradoiro de Elaboración de Xabón Artesanal, de 16:00 a 20:00 horas, e que contará con 20 prazas para adultos.
En Navia de Suarna, para nenos e nenas de 4 a 12 anos, organizarase en Vilor na parroquia de Vallo, o obradoiro Aprende a moverte pola Montaña os días 29 e 30 de agosto, en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 horas. Na Escola naviega de Barcia, o día 24 de setembro, desenvolverase un taller de cociña tradicional, en horario de 17:00 a 20:00 horas, para 15 adultos.
E, finalmente en Cervantes, o 6 de agosto terá lugar a marcha con observación do ceo nocturno na contorna do Castelo de Doiras: A Fortaleza das Estrelas, dirixida a persoas de 12 anos ou máis e 20 prazas dispoñibles. O horario da actividade será de 19:00 horas a 00:30 horas. Ademais, os días 11,18 e 25 de setembro no Centro de Desenvolvemento Rural Ancares, situado en San Román de Cervantes, desenvolverase o obradoiro de Restauración de Mobles, en horario de 16:00 horas a 20:00 horas, con 10 prazas para adultos dispoñibles.
Como inscribirse
As persoas interesadas deberán anotarse a través das canles dispoñibles. No caso de Terras do Miño, poden apuntarse nos teléfono 982.305.930 ou 982.227.812, o no correo electrónico und.medioambiente@deputacionlugo.org e na web: http://inscricions.deputacionlugo.org/gl/tema/actividades-medioambientais. As persoas que desexen participar no programa dos Ancares Lucenses, poden anotarse a través do correo ancareslucenses@deputacionlugo.org e do teléfonos 982.227.813.






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



