Parece obvio, polo que nos amosa a historia, que as dereitas deste país teñen por costume exercer a política á marxe de toda consideración ética. Un feito que se plasma nun exercicio de corrupción sistemática cando exercen o poder. Un proceder que quedou confirmado por instancias xudiciais neste último período democrático, tanto nos gobernos de Aznar como de M. Rajoy.
Pero cando exercen a oposición, como é o momento actual, Basán o seu exercicio en deslexitimar e descalificar a quen goberna, e a partir de aí, construír un relato de terra queimada co único fin de destruir ao goberno e acadar o poder. Pasando por alto que nas democracias representativas un dos fundamentos é a posibilidade de alternancia entre partidos froito da decisión popular e esta idea, conleva un concepto medular que é o de recoñecer a lexitimidade dos gobernos adversarios, porque se neste contexto se nega a lexitimidade de quen goberna como único fin de destruílo, todo queda permitido. E neste punto están hoxe as dereitas deste país.
Este proceder, ética e democráticamente inadmisible, foi unha constante das dereitas dende o 2004. Cousa que xa aconteceu na II República e que nos levou á Guerra Civil.
Esta anomalía coido que parte de considerar o Estado, as institucións e os seus recursos, non como un ben público ao servizo da cidadanía, senón como un patrimonio de seu. Trataríase dunha arraigada concepción patrimonial do poder político, considerando como si o territorio ou as administración lles pertencera por dereito propio.
Estamos, polo tanto, diante dun proceder que cadra moi mal coa democracia e así se demostrou nos últimos séculos nos que a democracia foi unha rara excepción neste país.
Esta concepción patrimonial do Estado tan arraigada clasificamos bastante ben o feito de por que a dereita procede constantemente da maneira devandita. Posiblemente porque no fondo, nunca tiveron consideración algunha pola xente do común que en democracia é onde reside a soberanía que lle dá lexitimidade ás institucións do Estado.

















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



