Estas 6 vivendas terán a cualificación pública de carácter permanente, tendo preferencia a mocidade na adxudicación destes fogares, no obxectivo de fomentar e facilitar a súa emancipación e o acceso no municipio aos mesmos
Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2026. A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas adxudicou as obras de rehabilitación de tres inmobles que a Xunta impulsa ao abeiro do programa Rexurbe. Trátase de habilitar 6 vivendas de promoción pública no casco histórico do municipio lucense, que irán dirixidas ao alugueiro accesible e inscritos no rexistro de demandantes de vivenda no municipio, tendo preferencia os menores de 36 anos.
As obras foron adxudicadas por máis de 2,1M€ (2.166.999,39 €) á Unión Temporal de Empresas UTE Inside Oviga Ribadeo (Inside The Team SLU-Obras y Viales de Galicia SL).
Esta intervención forma parte do programa Rexurbe, a través do cal se adquiriron no ano 2022 tres inmobles situados na rúa Bispo Veres números 2 e 4 e na rúa Trinidade número 32, cun investimento próximo aos 150.000 euros. Son edificios que forman parte do patrimonio construído e da historia de Ribadeo, pero que na actualidade están deteriorados.
Estas novas vivendas rehabilitadas terán a cualificación pública de carácter permanente, polo que pasarán a formar parte do parque de vivendas propiedade da Xunta. As mesmas serán adxudicadas en réxime de alugueiro a inscritos no rexistro de demandantes deste concello, coa peculiaridade de que terán preferencia nesta adxudicación os menores de 36 anos.
As catro vivendas que se rehabilitarán nos inmobles da rúa Bispo Veres 2 e 4 estarán situadas nun edificio con protección patrimonial integral, xa que un deles formaba parte da antiga muralla medieval da cidade, datada no século XIII. Son edificios xustapostos que compartirán zonas comúns, respectando as conexións orixinais existentes entre eles.
As obras executaranse con especial coidado na conservación de elementos funcionais e decorativos, como recercados e tornachoivas, na reprodución da cuberta orixinal e no uso de pizarra do país para o tellado, criterios que tamén se aplicarán ao inmoble da rúa Trinidade número 32.
Con este novo contrato o departamento que dirixe María M. Allegue, ademais de incrementar o parque de vivenda de promoción pública na Comunidade Autónoma, segue a traballar mediante a rehabilitación e a promoción en núcleos históricos, na rexeneración destas contornas e na fixación de poboación nelas.






















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.


