Viveiro, 23 de xuño, 2026. O proceso de participación aberto para a avaliación intermedia da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Mariña Ortegal chega á súa recta final. Tras celebrar diferentes espazos de participación coas entidades do territorio para valorar o traballo do GALP na xestión do programa de axudas do FEMPA, é o momento de presentar os resultados obtidos no contacto mantido con confrarías, concellos, asociacións de redeiras e outros axentes locais.
O Foro constitúe un espazo aberto no que calquera persoa ou entidade pode participar e coñecer de primeira man os logros acadados polo GALP desde o inicio deste período de programación. Despois de tres anos de aplicación do FEMPA, o Grupo demostrou unha elevada capacidade de xestión, converténdose nun dos principais axentes dinamizadores da zona.
Os resultados evidencian que o GALP activou progresivamente os mecanismos de execución da estratexia, acadando un 37,06% de execución financeira da EDLP e concedendo máis dun millón de euros en axudas ao sector pesqueiro. O ritmo de implementación foi en aumento, como reflicte a última convocatoria de 2026, na que se aprobaron 27 proxectos cun importe subvencionable próximo aos 4,5 millóns de euros e máis de dous millóns en axudas.
Entre as principais conclusións destaca a necesidade de continuar reforzando o apoio ás confrarías e ás entidades do sector, así como de impulsar o dinamismo económico mediante iniciativas de economía azul. O Foro permitirá recoller as demandas do territorio para garantir a sustentabilidade futura do sector pesqueiro.
O Foro da Avaliación celebrarase o xoves 25 de xuño ás 18:00 horas no Salón de Actos do Concello de Xove, con participación aberta ao público.






















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



