Nota de prensa
O BNG PIDE EXPLICACIÓNS AO ALCALDE POR CERTIFICAR E RECEPCIONAR O REMATE DUNHAS OBRAS INICIADAS NO MES DE AGOSTO E PARADAS DENDE SETEMBRO
O alcalde deu por rematada unha obra en Río Covo derivada de un convenio co IGVS deixándoa sen facer e con todos os refugallos amontoados na rúa
O goberno municipal xoga con lume certificando o remate de obras sen finalizar para cobrar as subvencións
Cervo, 30 de decembro de 2010. O BNG denunciou o abandono por parte do concello de Cervo dunha obra a medio facer na Urbanización Río Covo deixando os refugallos amontoados na rúa e co proxecto de execución parado dende o mes de setembro, a pesar do cal foi certificado o seu remate e recepcionada oficialmente, remitindo o 22 de decembro a documentación ao Instituto Galego da Vivenda e Solo para xustificar o convenio por importe de 106.246 euros asinado para o seu financiamento. Os nacionalistas denuncian que polo medio quedan prexudicados os residentes entre as rúas once e trece da urbanización que quedan sen as obras de accesibilidade executadas e coa porta da casa chea de entullos e restos de demolición. Os nacionalistas ademais acusan ao alcalde de xogar con lume porque xa sería a segunda vez que certifica o remate de obras inacabadas para cobrar subvencións.
Convenios que non se cumpren e obras a medio facer que mellor foi non empezar.
O pasado 21 de abril o alcalde de Cervo asinaba un convenio co Instituto Galego da Vivenda e Solo(IGVS) mediante o cal o concello de Cervo renunciaba á titularidade dunha vivenda de promoción pública á que tiña dereito de acordo co artigo 63.3 do Decreto 257/2007 de Réxime Xurídico de Vivendas de Promoción Pública a cambio do financiamento por importe de 106.246,96 euros de diferentes actuacións no concello de Cervo, “entre elas obras de mellora de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas na travesía entre as rúas once e trece da Urbanización Río Covo” . Durante o pasado mes de agosto daban inicio estas obras coa demolición de xardineiras e accesos no referido lugar, paralizándose no mes de setembro sen que os operarios volveran a continualas, e deixando a travesía con todos os entullos de obra no mesmo lugar e coas obras sen rematar a pesar da insistencia dos veciños da zona.
Danos físicos por falta de iluminación e travesía intransitábel pola acumulación de entullos e fochancas.
Os nacionalistas denuncian a desastrosa situación na que deixaron esta travesía, con entullos acumulados, fochancas e ausencia de iluminación que “xa causaron algún accidente a residentes na zona”, o portavoz municipal nacionalista Xoán Estúa, acusou ao goberno municipal cervense “de ser o responsábel último de calquera accidente que suceda e esixiu o remate inmediato destas obras que para deixalas como están mellor non ter empezado”. O nacionalista lembrou que “no proxecto de execución non só estaba a execución das obras, tamén a retirada do entullo e nin unha cousa nin outra sen ten feito”.
Cos documentos na mao o sucedido con este proxecto e de xulgado de guarda.
Os nacionalistas advirten que á vista da documentación onde figura o convenio asinado entre o alcalde de Cervo e o IGVS, “cos seus condicionantes” e a xustificación emitida e asinada polo alcalde e outros que recolle: “as certificacións un, dous e tres e definitiva”, “a recepción da obra” onde se “certifica a efectiva execución da obra en consonancia co proxecto básico”; e evidente vista a situación na que quedou a travesía entre as rúas once e trece da Urbanización Río Covo, “que non se cumpre o convenio e hai falsidade tanto nas certificacións emitidas como na acta de recepción da obra”. Estúa di que “en canto a este tipo de falsidades en Cervo chove sobre mollado, xa tivemos outro caso igual con un camiño en Espiñeirido e parece que non se aprende”.
Non queremos xudicializar a vida política pero esixiranse ao alcalde explicacións e o remate inmediato das obras
Aínda así, “os nacionalistas non son partidarios de xudicializar a vida política e limitaranse a pedir explicacións pormenorizadas sobre este asunto” e pedir ao goberno local que busque os recursos necesarios para acometer o remate destas obras no prazo mais breve posíbel.


















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



