A partida orzamentaria para estas axudas ascende a 12.000 euros, ampliable se a demanda o require
Ortigueira, 25 de xuño de 2026. O Concello de Ortigueira deu luz verde á convocatoria de axudas económicas destinadas ao fomento da natalidade e ao asentamento de novos residentes no municipio para o exercicio 2026. Esta iniciativa contempla unha achega de 500 euros por cada menor nacido, adoptado ou en situación de acollemento familiar durante o 2025. O obxectivo principal destas subvencións é aliviar a carga económica inicial que supoñen estas situacións para as familias, ao tempo que se busca rexuvenecer o padrón municipal e combater a perda de poboación no entorno rural.
A concelleira de Promoción Económica, Isabel Rego, destacou a importancia desta medida como unha ferramenta estratéxica para o futuro da localidade. Segundo explica a responsable da área, o goberno local é consciente dos retos demográficos que afronta o municipio e, por iso, decidiron “apostar por incentivos directos que faciliten la llegada de nuevos vecinos”. Rego sinala que con este apoio pretenden que “las familias sientan el respaldo de la administración local en una etapa de tantos gastos, reforzando la idea de que Ortigueira es un lugar con servicios y calidad de vida para ver crecer a los hijos”. Así mesmo, a concelleira subliña que estas axudas son unha “invitación clara para que los jóvenes apuesten por quedarse en su tierra y desarrollen aquí su proyecto de vida”.
Para esta anualidade, o Concello reservou unha partida orzamentaria de 12.000 euros, con posibilidade de ser ampliada se a demanda o require. As axudas concederanse por orde de chegada das solicitudes que cumpran todos os requisitos ata esgotar os fondos dispoñibles. Nesta ocasión, a convocatoria cobre aqueles feitos causantes —xa sexan nacementos, adopcións ou acollementos— que tiveran lugar entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2025.
En canto aos requisitos, é indispensable que polo menos un dos proxenitores ou titores legais estea empadroado en Ortigueira no momento de realizar a solicitude, do mesmo xeito que o menor. Un dos puntos clave das bases é o compromiso de permanencia, xa que as persoas beneficiarias deben manter a súa residencia efectiva no municipio durante un período mínimo de dous anos tras a inscrición do neno ou nena no padrón.




















O público poderá degustar embutidos de porco celta da gandería Celtagal, de Mondoñedo. O deputado de Rural Daniel García, Alba Fernández, da organización das festas, e Iván Rodríguez e Jose Barreira, representantes de Asoporcel, presentaron a iniciativa, que se inclúe no programa de fomento do consumo de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural de gusto. O programa, posto en marcha en 2025 para socializar as calidades gastronómicas das carnes de razas autóctonas galegas con diferentes receitas, prevé este ano 37 degustacións en mercados, feiras e outras celebracións populares. Na organización, que conta coa colaboración das asociacións Puraga, Asoporcel e Boaga, prímase o emprego de materia prima de gandeiras e gandeiros locais.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
No acto acompañará ao autor o filólogo e escritor Ramón Reimunde.

