A proposta do BNG, que contaba co respaldo unánime da comunidade educativa, non saíu adiante polos votos en contra do PP, que prefire botar balóns fóra e culpar ao Concello antes de asumir as súas responsabilidades
Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2026. O deputado do Bloque Nacionalista Galego, Daniel Castro, lamentou hoxe no Parlamento de Galiza que o PP votase en contra da proposición non de lei do BNG para exixir a rehabilitación integral do CEIP Vista Alegre de Burela, un centro con máis de 40 anos que acumula décadas de abandono e que require unha intervención urxente. Castro denunciou que a estratexia da Xunta ante as reivindicacións da comunidade educativa é clara: “silencio” ou botarlle a culpa ao Concello.
“O caso é que estamos a falar dun centro que ten máis de 40 anos e que leva anos precisando de importantes actuacións. E por esta razón a ANPA e a dirección levan anos reclamando o obvio. Anos”, subliñou o deputado nacionalista, quen recordou que o Concello de Burela xa fixo o que lle correspondía, con obras recentes como o traslado do despacho de dirección, o cambio da rede exterior do patio ou a instalación de céspede artificial. Pola contra, a Xunta “fixo tamén o que lle corresponde, que é botar balóns fóra”.
Castro detallou as graves deficiencias que padece o centro, recollidas nun informe de 40 páxinas elaborado pola propia comunidade educativa: humidades e filtracións recorrentes, aseos en estado insalubre, fugas de auga, deterioro estrutural de pavimentos e columnas, instalación eléctrica obsoleta con cableados expostos e enchufes deteriorados, carpintería en mal estado, peche perimetral inacabado, ausencia de portas de emerxencia e importantes barreiras de accesibilidade. “O mal estado do centro non queda aquí xa que tamén se pode observar a existencia de filtracións de auga nas aulas e corredores, con presenza de mofo e desprendementos, situacións que afectan directamente á saúde e ao benestar do alumnado e do profesorado”, engadiu.
O deputado do BNG lembrou que esta non é unha iniciativa do seu partido, senón “unha iniciativa do conxunto do CEIP Vista Alegre de Burela, que unanimemente ten claro o que fai falta e de quen é a culpa”. Neste sentido, preguntou á Xunta a que cre que se deben as concentracións semanais que levan case dous meses celebrando os xoves: “Teñen pouco que facer? Cádralles a mañá libre? Pásano ben?”
Finalmente, Castro exixiu á Consellería de Educación que comece por executar, cando menos, un plan integral de rehabilitación que inclúa a reparación definitiva das humidades e filtracións, a renovación da instalación eléctrica do edificio nº1, a reforma dos aseos e fontanaría, a mellora da accesibilidade e seguridade, a substitución da carpintería e ventás deterioradas, a reparación de pavimentos e elementos estruturais, a finalización do peche perimetral, a adecuación dos espazos exteriores e a cubrición da pista deportiva. “Comecen por algo, polo menos”, concluíu.























O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



