Mondoñedo, 27 de xuño, 2026. Mondoñedo acolle desde hoxe o IV Encontro Álvaro Cunqueiro “Camiño ao Norte”, unha iniciativa integrada na programación da Universidade de Verán 2026 da Universidade de Santiago de Compostela que reúne durante esta fin de semana no Pazo de Santomé investigadores e representantes do ámbito cultural para afondar na figura e no legado do escritor mindoniense.
Concerto de Francisco Castro
Isabel Morán foi a encargada de inaugurar o programa de actividades cunha conferencia sobre a relación entre Cunqueiro e a cidade mindoniense. O programa desta cita inclúe hoxe un concerto de Francisco Castro na Praza da Catedral de Mondoñedo. A actuación, de balde e aberta ao público, terá lugar ás 22.30 horas.
Presentación literaria
Ao longo da fin de semana desenvolveranse tamén relatorios e mesas redondas nos que se abordará a presenza de territorios como Lugo, Vigo, A Mariña, a Bretaña ou o Camiño de Santiago no universo literario do autor. A programación completarase tamén cun roteiro cunqueiriano polas rúas de Mondoñedo, guiado por Abel Vigo, e coa presentación do libro O Quixote na obra de Álvaro Cunqueiro.




















O público poderá degustar embutidos de porco celta da gandería Celtagal, de Mondoñedo. O deputado de Rural Daniel García, Alba Fernández, da organización das festas, e Iván Rodríguez e Jose Barreira, representantes de Asoporcel, presentaron a iniciativa, que se inclúe no programa de fomento do consumo de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural de gusto. O programa, posto en marcha en 2025 para socializar as calidades gastronómicas das carnes de razas autóctonas galegas con diferentes receitas, prevé este ano 37 degustacións en mercados, feiras e outras celebracións populares. Na organización, que conta coa colaboración das asociacións Puraga, Asoporcel e Boaga, prímase o emprego de materia prima de gandeiras e gandeiros locais.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.



