Ribadeo, 2 de xullo de 2026. Comezaron en Ribadeo os campamentos de verán, organizados polo Concello, co obxectivo de facilitar a conciliación laboral e familiar. Foron 280 inscritos, dos que 210 participan en diferentes quendas no que se desenvolve no Ceip Gregorio Sanz e 70 viaxan ao albergue de Allariz, en Ourense. Esta programación conta co respaldo do Plan Corresponsables, que está cofinanciado pola Consellería de Política Social e igualdade e polo Ministerio de Igualdade.
O concelleiro de Mocidade, Francisco José Silvent, subliñou: “estamos moi contentos coa acollida que tivo esta programación. É unha proposta que responde ao compromiso municipal de ofrecer espazos seguros, inclusivos e educativos que contribúan ao desenvolvemento integral da rapazada, promovendo ao mesmo tempo a conciliación das familias durante o verán”.
O edil ribadense lembrou que “as actividades están dirixidas a nenos, nenas e mocidade do municipio, ofrecendo alternativas de lecer educativo durante o período estival. No caso das colonias urbanas, desenvólvense en cinco quendas entre finais de xuño e finais de xullo, cun horario adaptado ás necesidades das familias, incluíndo servizo de conciliación desde as 8:00 ata as 15:00 horas. O programa inclúe actividades deportivas, xogos en grupo, xincanas, propostas creativas e excursións, así como iniciativas específicas para o alumnado de maior idade, como saídas a parques acuáticos e noites de convivencia”.
E engadiu: “pola súa banda, os campamentos en Allariz permitirán á mocidade vivir unha experiencia de convivencia en contacto coa natureza, reforzando valores como a autonomía, o traballo en equipo e a igualdade”.






















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



