O sábado terá lugar o III Torneo de Xadrez e un espectáculo do Mago Teto, mentres que o domingo se celebrará o Día da Bicicleta
Cariño, 8 de xullo, 2026. O Concello de Cariño preparou un completo programa de actividades para o vindeiro fin de semana, con propostas para todos os públicos: a terceira edición do torneo de xadrez, unha actuación de maxia e música, e a celebración do Día da Bicicleta.
A programación comezará o sábado 11 de xullo coa celebración do III Torneo de Xadrez de Cariño, que terá lugar no Cobertizo do Paseo Marítimo. A xornada iniciará ás 15:00 horas cunha sesión aberta dirixida a todas as persoas interesadas en aprender ou resolver dúbidas sobre este deporte, na que se explicarán os movementos básicos do xadrez. A continuación, ás 17:00 horas, dará comezo o torneo amigable.
A competición disputarase mediante sistema suízo a cinco roldas e incluirá as categorías Sub-8, Sub-10, Sub-12, Sub-14 e Absoluta. A inscrición é gratuíta e pode formalizarse a través do formulario dispoñible na páxina web municipal. Ademais, os participantes máis destacados recibirán trofeos e medallas. O torneo está organizado polo CIDU e o INCUDE, coa colaboración do Concello de Cariño.
A xornada do sábado continuará a partir das 21:00 horas na Porta da Pulida co espectáculo Rock’n’Magic, protagonizado polo Mago Teto e acompañado pola música en directo de Mister Cool e Fer Risco. Un orixinal espectáculo que fusiona maxia e rock en directo para ofrecer unha velada gratuíta pensada para o desfrute de todos os públicos. Esta actividade está organizada polo Concello de Cariño coa colaboración da Deputación da Coruña.
Xa o domingo, 12 de xullo, será a quenda do Día da Bicicleta 2026, unha cita organizada polo Concello de Cariño coa colaboración do Club Ciclista Cariño. A saída terá lugar ás 11:00 horas desde o Cobertizo para percorrer un itinerario duns seis quilómetros, que se realizará a un ritmo adaptado ao grupo co obxectivo de facilitar a participación de persoas de todas as idades.
A participación será libre e non requirirá inscrición previa. Os nenos e nenas menores de oito anos deberán ir acompañados por unha persoa adulta responsable, e será obrigatorio o uso do casco durante todo o percorrido. Como broche final da xornada, os participantes poderán desfrutar dunha divertida festa da escuma, poñendo o punto final a un fin de semana repleto de actividades para toda a familia.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.


