Ribadeo, 15 de xullo de 2026. Ribadeo licita por 320.000 euros a lavandería e a cociña do Hospital Asilo. As empresas interesadas en presentar as súas ofertas poden facelo ata o 13 de agosto, segundo informou hoxe o alcalde, Dani Vega.
O rexedor contou que “licitamos a lavandería e cociña da residencia Hospital Asilo tanto en equipamento como en obra. Son 320.000 euros, orzamento íntegro por parte da Xunta de Galicia. Volvemos reiterar o noso agradecemento á Consellería de Política Social por axudarnos e así xa damos comezo á licitación para, en breve, poñernos en marcha coas obras”.
Para Vega trátase “dunha moi boa noticia poder xa traballar no Hospital Asilo, empezar a licitar e así toda a tramitación burocrática para que ata o 13 de agosto todas as empresas que queiran presentar as ofertas tanto na lavandería, cociña, equipamento, como na mellora de remate das obras dos espazos. É unha boa noticia, despois de todo o que vivimos e sufrimos”.
O alcalde lembrou que “a empresa Naray, todos somos coñecedores, presentou concurso de acredores e non sómente repercutiu no Concello de Ribadeo, senón tamén no da Pontenova, no de Guitiriz e no de Riotorto. Unha decisión que nos caeu moi dura. Tivemos que tomar decisións francamente duras e rescindimos o contrato. Agora vamos recorrer á vía xurídica para reclamar todo ese diñeiro, máis de 300.000 euros, porque incumpriu o contrato e nós temos que velar polos intereses das contas municipais, velar polos intereses do noso Concello. Tomáronse as decisións desde un punto de vista xurídico, en secretaría, técnico-económico, intervención e tamén técnico, é dicir os arquitectos municipais. Rescindiuse o contrato en pleno, aprobouse por maioría e actuamos coa máxima responsabilidade”.
Dani Vega subliñou: “teño que destacar que nosoutros sufrimos o que sufriron os outros Concellos, cando se presenta unha suspensión de pagos, un concurso de acredores. Nosoutros, en Ribadeo non é a primeira vez que sufre isto, co anterior goberno tamén pasou co pavillón actual de deportes. Tamén unha empresa presentou concurso de acredores e repercutiu negativamente no Concello e o anterior goberno fixo todo o posible por defender os intereses e así rematar as obras. O mesmo pasa agora, tamén poñendo por parte de todos os técnicos municipais e do goberno actuamos coa máxima responsabilidade e agora nesta fase de actuar xuridicamente en contra da empresa por incumprir o contrato, esa vía estámola traballando e xa licitar para comezar en breve as obras”.
O rexedor explicou que “a primeira parte é lavandería, cociña e instalacións e agora vamos xestionar orzamento para rematar ese 13%, que é o que quedou sen facer, e dado que hai un incremento no prezo do custe dos materiais e das obras, temos que buscar o orzamento necesario para rematar ese 13 %. Todo volve comezar, estamos nesta fase administrativa de ata o 13 de agosto pódense presentar as empresas, licitar para xa facer despois as obras tanto das instalacións da lavandería e cociña como do equipamento”.
E insistiu: “é unha moi boa noticia eses 320.000 euros que nos apoia a Xunta de Galicia e así vamos seguir traballando coa máxima responsabilidade e defendendo sempre os intereses do Concello”.




















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



