Ribadeo, 18 de xullo de 2026. Este sábado, 18 de xullo, seguirán en Ribadeo as celebracións polo centenario do nacemento de Leopoldo Calvo-Sotelo, o ex presidente do Goberno. Haberá una mesa redonda e a inauguración dunha exposición.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, contou que “este sábado seguimos coas celebracións polo centenario do nacemento de don Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo. Nesta ocasión, teremos dúas actividades. Primeiro, ás once e media, unha mesa redonda moderada por Leopoldo Calvo-Sotelo Ibáñez-Martín, fillo do presidente, e na que participarán tres profesores. José Vidal Pelaz López e Pablo Pérez López, autores do libro Consolidar la Democracia, el gobierno de Leopoldo Calvo-Sotelo, catedráticos de Historia Contemporánea da Universidade de Valladolid e Navarra, respectivamente. E Jorge Lafuente, profesor de Historia e Instituciones Económicas da Universidade de Valladolid. Esta actividade será no Salón dos Alcaldes da Casa Consistorial”.
A edil ribadense seguiu a relatar que “a segunda actividade será no exterior. Á unha e media do mediodía terá lugar a inauguración dunha exposición fotográfica, que estará todo o verán na Praza Pancho Maseda. A familia de don Leopoldo escolleu un conxunto de fotografías para achegarnos ás distintas facetas da vida do presidente. Esta exposición será presentada por Pilar Calvo-Sotelo Ibáñez- Martín. Remataremos coa actuación musical dun grupo de profesores da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo”.
O pasado 14 de abril deron comezo en Ribadeo os actos conmemorativos cunha ofrenda floral no cemiterio municipal e un pleno extraordinario no que se declarou este 2026 como o ano dedicado a Leopoldo Calvo-Sotelo.





















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



