Lugo, 27 de xullo de 2026. Os deputados do Grupo Provincial Popular defenderán no pleno de mañá varias iniciativas “para acadar a igualdade real para todos os lucenses da provincia” e así “deixar atrás o sectarismo de PSOE e BNG nas súas decisións”.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, explicou que unha das mocións a debater será a posible rescisión do convenio de 1.800.000€ entre a Deputación e o Concello de Monforte que todo apunta se destinará para costear parte da construción da polémica ponte do Malecón.
Ameijide reclama a anulación deste acordo debido ao enorme clamor e rexeitamento social que xera o proxecto na cidade, así como pola situación do alcalde monfortino, José Tomé, actualmente investigado por un presunto delito de acoso sexual e que “precisa dos fondos para pagar a súa campaña política para as eleccións municipais”.
“Cómpre garantir que os recursos públicos de tódolos lucenses non vaian a parar, en concreto, para o proxecto da nova ponte do Malecón que ten unha forte contestación social en Monforte e, por suposto, o que non se pode facer, de ningunha maneira, é pagar cos cartos de todos os lucenses a campaña política de José Tomé”, recordou.
Neste senso, os deputados populares lembran que “non estamos en contra de que se destinen recursos a este concello, senón que criticamos a que se van a destinar xa que a poboación non quere esa obra”.
Por outra banda, tamén se pedirá que o Goberno de España “retire a súa proposta de reforma do Estatuto Marco e abra unha negociación real cos profesionais sanitarios e coas comunidades autónomas” para solucionar o conflito e evitar máis paros médicos que están a impactar nos tempos de espera, máxime cando os facultativos xa teñen anunciado que continuarán coa folga despois do verán ante a falta de acordos co Ministerio de Sanidade.
Os deputados provinciais do PP insisten en que a iniciativa “non responde a unha posición partidista, senón ás demandas expresadas polos propios facultativos que levan meses mobilizándose contra as imposicións do Goberno de Sánchez e reclamando un Estatuto Marco que teña en conta as demandas da profesión médica e faga fronte aos problemas reais do Sistema Nacional de Saúde. Os populares lamentan que a folga provocada polo Executivo estatal “teña un elevado impacto nas listas de espera da sanidade pública de toda España” – só en Galicia téñense suspendido preto de 280.000 actos médicos cos paros convocados desde o mes de decembro- e inciden en que “a solución depende exclusivamente do Goberno do Estado”.
Durante o pleno, os deputados populares tamén preguntarán ao goberno provincial “que prazos manexan para proceder á apertura” de Augasmestas tras 20 anos pechado por PSOE e BNG, así como “que medidas van a poñer PSOE e BNG en marcha para garantir a seguridade do tódolos usuarios das vías provinciais nos puntos nos que conflúen con algunha das rutas do Camiño de Santiago ao seu paso pola provincia de Lugo?”.
Finalmente, no Grupo Provincial Popular se insistirá na necesidade de mellorar o mantemento da rede viaria provincial, polo que se pedirá medidas de seguridade na parroquia de Galdo, en Viveiro, así como o arranxo de dúas pontes en Alfoz.






















O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



