Burela, 27 de xullo, 2026. Macarena Cárdenas Anguita (Los Villares, Xaén, 1992) formalizou a súa renovación co Reyco Burela FS e cumprirá así a súa segunda tempada de laranxa, despois de chegar como reforzo de inverno procedente do Chiloeches na campaña 2025-26.
“Seguir en Burela supón devolverlle ao club a confianza que tivo en min a pasada tempada. Nunca me quedei nun proxecto no que non confío. Cando ves que se están tomando decisións serias para que o proxecto volva ter sentido, é difícil dar as costas”, afirma a ala-peche, que destaca o fútbol sala como unha forma de vida na localidade e na bisbarra. “Ser xogadora do Burela é un orgullo. Entrar no Vista Alegre cada fin de semana e sentirme arroupada pola mellor afección de España sempre me fará sentir unha privilexiada”.
Macarena está decidida a recuperar a súa mellor versión: “Sei que esta tempada poderei ser a Macarena que o Burela quería en decembro e que, por circunstancias alleas a min, non puiden ser. Non entendo este deporte doutra forma que non sexa con esforzo, sacrificio e traballo en equipo”.
A súa experiencia e veteranía avalan o seu compromiso: “Estiven en moitos clubs e moitas tempadas en Segunda División. Xoguei tres fases de ascenso e gañei unha co AD Ceuta. Estou perfectamente preparada para achegar todo o que teño neste novo reto”.
A xogadora tamén destacou a importancia do grupo: “Se algo nos ensinou a Selección Española gañando este mundial é que un grupo unido, onde cada xogadora teña e acepte o seu rol para acadar o obxectivo común, é máis importante que calquera individualidade. Iso é o que se está creando aquí: un vestiario con persoas e deportistas con valores, ganas de traballar e loitar por este escudo. E o máis importante: todas eliximos estar aquí e non noutro lugar”.
Macarena convértese na sexta peza das Guerreiras 2026-27, xunto ás renovacións de Sandra, Silvia e Marina e as chegadas da valisoletana Pau (ala-peche) e da malagueña Elena (ala-pivote). “A primeira vez que Javier Pardeiro me chamou souben que era o líder que o equipo feminino necesitaba. Entendo este deporte coma el”, sinala a xogadora.





















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.


