Foz, 29 de xullo de 2026. O goberno de Foz leva a pleno a aprobación dunha nova addenda do convenio entre o Concello e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, para aumentar a 35 as prazas do programa Xantar na Casa e mellorar, deste xeito, a calidade de vida e autonomía das persoas maiores ou dependentes nos seus propios fogares. Despois da aprobación definitiva do orzamento municipal do ano 2026, no que se incluíu un incremento da partida orzamentaria, lévase a pleno esta mellora do servizo para poder aplicalo canto antes, dada a demanda existente. O programa Xantar na casa é un servizo que o Concello de Foz ofrece os seus veciños e veciñas para garantir e reforzar unha mellor atención asistencial ós maiores nos seus domicilios. “Con esta addenda incrementarase o número de prazas de 20 a 35, eliminando totalmente a lista de agarda xestionada polos Servizos Sociais Municipais. É un programa cofinanciado pola Xunta de Galicia, que asume o 46,66%, o Concello de Foz achega o 26,67% e o 26,67% restante a cargo do usuario”, explica a concelleira de Servizos Sociais, Ana Rojo.
A edil destaca: “a través deste programa queremos mellorar o benestar e a calidade de vida das persoas beneficiarias, garantindo menús equilibrados e saudables, adaptados nutricionalmente ó propio usuario. O noso obxectivo é dar cobertura a persoas maiores de 60 anos, dependentes, con mobilidade reducida ou en situación de vulnerabilidade, para que poidan vivir nos seus fogares con total autonomía e retardar así unha posible institucionalización. Con este servizo reforzamos o apoio as familias, aliviándolles a carga de traballo e dándolles respiro. É un servizo fundamental que cubre todas as necesidades nutricionais, evitando o deterioro na calidade de vida dos nosos maiores, dado que moitas das veces teñen unha dieta inadecuada nutricionalmente”.
Ana Rojo explica ademais que Xantar na Casa “é un servizo de comidas con reparto a domicilio, con dietas específicas adaptadas as patoloxías do propio usuario. Os menús son transportados en vehículos isotermo, sistema que asegura que os alimentos non sufran variacións térmicas nin se rompa a cadea de frío, mantendo a temperatura óptima e garantindo así a máxima seguridade alimentaria. Os menús están preparados e listos para refrixerar, quentar e consumir no momento. Cada comida diaria consta de tres pratos: un primeiro, un segundo e sobremesa. O reparto realízase un día á semana (os mércores) para cubrir os sete días da semana. Entréganse en barquetas que están perfectamente seladas e etiquetadas, coa data de caducidade e identificados todos os ingredientes de cada bandexiña. Todo o proceso de elaboración e transporte cumpre cos controles máis rigorosos e as normativas sanitarias vixentes de seguridade alimentaria. No caso de que a persoa beneficiaria non dispoña dos electrodomésticos necesarios (neveira ou microondas) o Consorcio Galego da Xunta de Galicia facilita o préstamo de un ou ámbolos dous electrodomésticos de forma gratuíta”.
“Asinamos o convenio inicial do Xantar na Casa en agosto do 19 e comezamos o servizo na primavera do ano 2020, con 10 usuarios. Despois do anterior incremento, agora chegaremos a 35 fogares. A demanda e a lista de agarda deste servizo é un indicador claro de que funciona e de que debemos apostar por reforzalo. O Concello de Foz fai un esforzo moi importante por mellorar o benestar das nosas veciñas e veciños, especialmente dos máis vulnerables: é o que nos move”, indica o alcalde, Fran Cajoto.
As persoas interesadas que desexen acceder as prazas vacantes poden tramitar a súa solicitude directamente no departamento de Servizos Sociais do Concello de Foz ou poden recibir máis información a través do teléfono 982.13.35.66 da mesma delegación.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



