Cervo, xullo de 2026.- O Concello de Cervo acomete estes días unha importante actuación de mellora da rede viaria no lugar da Estivada, en Trasbar, na parroquia de Castelo, cun investimento de 112.330 euros, financiado integramente con fondos propios municipais.
A actuación permitirá renovar o firme nun ámbito de 5.342 metros cadrados, dando resposta ao deterioro que presenta actualmente o pavimento e mellorando tanto a seguridade viaria como a comodidade dos usuarios.
As obras inclúen a limpeza e perfilado de cunetas, o desatasco das tajeas de PVC existentes e a substitución das que se atopan en mal estado por novos colectores de PVC. Ademais, executarase a limpeza da vía, o fresado nas zonas de unión con outros camiños e accesos a vivendas e parcelas, a aplicación dun rego de adherencia e a extensión dunha nova capa de mestura bituminosa en quente de entre 5 e 7 centímetros de espesor, segundo as características de cada zona. Tamén se procederá á posta á cota de tapas de pozos e arquetas dos distintos servizos.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, supervisou a actuación acompañada do edil de Zona Rural, Adrián Arias, e da pedánea de Trasbar Marina Díaz, e subliñou que “seguimos investindo con recursos propios para mellorar as infraestruturas municipais e ofrecer aos nosos veciños vías máis seguras, cómodas e en mellores condicións. Este tipo de actuacións son fundamentais para conservar o patrimonio viario do Concello e dar resposta ás necesidades do día a día da veciñanza”.
A rexedora destaca tamén que “esta obra permitirá prolongar a vida útil do firme, mellorar a drenaxe da auga da chuvia e incrementar a seguridade da circulación nunha zona moi utilizada polos residentes, contribuíndo ademais a mellorar a imaxe do lugar”.
Con esta intervención, o Concello de Cervo continúa desenvolvendo o seu plan de conservación e mellora da rede viaria municipal, apostando por actuacións que redundan na calidade dos servizos públicos e no benestar da veciñanza.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



