O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, explica que se substituirá a cuberta, restauraranse portas e carpintarías, e renovarase a instalación eléctrica e de iluminación, entre outros elementos
Foz, 29 de xullo de 2026. A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude licitou hoxe as obras de rehabilitación da capela do Bispo Santo de Foz, que contan cun orzamento de 92.792 euros aos que se suman os 8.500 euros investidos no proxecto.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, sinalou que as empresas interesadas en optar á adxudicación teñen de prazo ata o 13 de agosto para presentar as súas ofertas.
Villares visitou a igrexa e explicou que a actuación principal consistirá na substitución da cuberta, instalando un novo entaboado de madeira de castiñeiro con illante térmico e rematando con cobertura de lousa. O obxectivo é atallar a filtración de humidades, que provocan a colonización e ataques de xilófagos no interior.
Tamén se van restaurar a espadana e a campá, as portas, e os marcos e contras das ventás; abrirase o oco existente no almacén da parte posterior e realizarase unha nova instalación eléctrica e de iluminación que incluirá focos tipo led.
Villares indicou que a capela, situada no alto da Grela, está incluída polo seu valor no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia. “É un elemento esencial do patrimonio cultural, histórico e sentimental de Foz, que acolle cada ano no mes de maio unha das romarías de maior tradición da Mariña, con máis de 300 anos de antigüidade”, afirmou.
Características
As primeiras referencias á capela remiten ao ano 1611, cando o bispo de Mondoñedo deu conta dela ao Rei Felipe III, aínda que se descoñece o ano de construción. É un edificio de planta rectangular, cun arco semicircular na porta de entrada frontal e unha espadana dun só van. Diferénciase doutros templos medievais en que a cabeceira non sobresae ao exterior, estando integrado na cuberta.
Os vans que achegan iluminación ao interior son escasos e moi estreitos, seguindo a tradición das ermidas rurais para facilitar o recollemento dos fieis. Conta cun retablo barroco popular con varias tallas, e destaca a figura de San Gonzalo -o Bispo Santo- portando os seus atributos episcopais, o báculo e a mitra.


















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



