Viveiro, 30 de xullo, 2026. A alumna Antía, do IES O Perdouro de Burela, participou este mércores nunha nova experiencia de embarque do proxecto Relevo Xeracional: O Futuro do Mar, unha iniciativa promovida polos oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de Galicia, en colaboración coa Consellería do Mar e o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA). O obxectivo é achegar a mocidade á realidade do sector marítimo‑pesqueiro e favorecer o relevo xeracional. Grazas a esta actividade, Antía puido coñecer de primeira man o traballo diario dunha embarcación de pesca con nasas e a importancia da sustentabilidade na actividade pesqueira.
A xornada desenvolveuse no territorio do GALP A Mariña‑Ortegal, a bordo do pesqueiro Virxen do Rocío, patroneado por Miguel Ángel, que partiu do porto de Burela ás sete da mañá. A alumna estivo acompañada pola tripulación e pola técnica do GALP, Verónica, vivindo desde dentro todas as fases dunha xornada real de traballo no mar, desde a saída a faenar ata a descarga do produto na lonxa.
Durante a mañá, a embarcación dedicouse á pesca con nasas para a captura de nécoras e polbos. Antía puido aprender como se prepara o cebo, o proceso de largado e virado das nasas e o esforzo diario que require esta modalidade de pesca, participando activamente baixo a supervisión da tripulación.
A experiencia serviu tamén para comprender a importancia da pesca responsable e da conservación dos recursos mariños. Capturáronse exemplares de santiaguiños que foron devoltos ao mar por atoparse fóra da tempada autorizada, e todas as especies que non alcanzaban a talla mínima regulamentaria regresaron ao seu hábitat. A alumna coñeceu así a relevancia de respectar a normativa pesqueira para garantir a sustentabilidade dos recursos.
Segundo explicou a tripulación, non foi unha das mellores xornadas de pesca debido ás condicións do mar —moi calmado— e á influencia da lúa chea, factores que adoitan afectar á actividade pesqueira. Con todo, esta circunstancia permitiu a Antía entender que o traballo no mar depende tamén das condicións naturais e da capacidade dos profesionais para adaptarse a elas.
A embarcación regresou ao porto arredor das 15:00 horas, completando unha xornada de oito horas na que Antía puido descubrir todas as fases da actividade pesqueira.
Os embarques constitúen unha das accións máis representativas do proxecto Relevo Xeracional: O Futuro do Mar, ao permitir ao alumnado vivir experiencias reais xunto aos profesionais, coñecer o valor do seu traballo e descubrir as múltiples oportunidades laborais dun sector esencial para o desenvolvemento económico, social e cultural das comunidades costeiras galegas.
Con iniciativas como esta, o proxecto continúa reforzando a conexión entre o sistema educativo e o sector marítimo‑pesqueiro, promovendo a Formación Profesional Dual e contribuíndo a espertar novas vocacións entre a mocidade galega para garantir o futuro das profesións do mar.



























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Comezou onte ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 8 axentes, 15 brigadas, 14 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



