A Presidenta da Deputación e Alcaldesa de Burela participou na apertura desta cita que conta coa colaboración da institución provincial a través do seu apoio á Fundación Expomar, entidade que organiza o evento que se celebrará durante a fin de semana
Lugo, 31 de xullo de 2026. A Presidenta da Deputación de Lugo e Alcaldesa de Burela, Carmela López, participou este venres na Nave de Redes deste municipio na inauguración da vixésimo cuarta edición da Feira dos Produtos do Mar e da Terra, Artesanais e Ecolóxicos Produart. Esta cita conta co apoio da institución provincial a través da colaboración que mantén coa Fundación Expomar. A este acto de apertura tamén asistiu o Xerente desta entidade, José Manuel González, e alcaldes da comarca mariñá, entre outras autoridades.
“Produart naceu para poñer en valor o que aquí sabemos facer ben: o oficio das nosas artesás e artesáns, o traballo das produtoras e produtores ecolóxicos, o que dá o mar e o que dá a terra. Vinte e catro anos despois, a feira segue medrando, e iso non pasa por casualidade: pasa porque hai xente detrás que se deixa a pel para que isto saia adiante ano tras ano” avanzou Carmela López.
A mandataria provincial recordou tamén que esta cita celébrase paralelamente á Feira do Bonito “porque é o retrato exacto de quen somos: xente de mar, xente traballadora, que sabe tamén darlle valor ao que produce a súa terra con paciencia e con oficio. Estes días, Burela convértese no mellor escaparate que ten esta comarca”.
Así mesmo, sinalou que este tipo de iniciativas “son as que sosteñen de verdade os nosos concellos. Dan traballo, dan visibilidade, traen xente á comarca e axudan a que oficios coma a artesanía ou a produción ecolóxica teñan futuro. E dende o Concello e dende Expomar, o compromiso é o mesmo de sempre: coidar esta feira e facela medrar sen perder o que a fixo especial”.


















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



