Burela, 31 de xullo, 2026. Ana Patrícia Martins De Sousa (31/10/1996) incorpórase ao Reyco Burela FS. A ala‑pivote portuguesa chega procedente do Atlético Mercadal, de Segunda División, e convértese na cuarta novidade do proxecto laranxa para a nova tempada.
A xogadora formouse entre Portugal e Italia: “Un dos momentos máis importantes da miña traxectoria foi o ascenso á Segunda División co Viseu 2001, o club no que sempre xoguei no meu país. En 2025 tiven a oportunidade de dar o salto ao fútbol sala italiano co Molfetta, unha experiencia que me fixo medrar tanto a nivel deportivo como persoal”.
En xaneiro chegou a España como reforzo de inverno: “Creo que fixen unha moi boa campaña a nivel individual. Gañei a titularidade, acheguei goles e asistencias e seguín evolucionando como xogadora. Cada unha destas etapas axudoume a madurar, adaptarme a diferentes contextos e crecer dentro e fóra da pista”.
Sobre o que pode aportar ao equipo, Patrícia destaca: “No parqué podo contribuír con intensidade, sacrificio defensivo, goles e asistencias, pero tamén co traballo en equipo e cun bo ambiente no vestiario. O meu obxectivo é poñer as miñas calidades ao servizo do grupo e axudar a cumprir os obxectivos da tempada”.
A portuguesa subliña a “ambición e seriedade” do proxecto burelista: “É un club cunha grande historia, unha mentalidade gañadora e unha esixencia que encaixa coa miña forma de entender o fútbol sala”.
Patrícia únese ás renovacións de Sandra, Silvia, Marina e Macarena, e ás incorporacións de Pau (ala‑peche), Elena (ala‑pivote) e Noa (porteira). “Vexo que se está formando un proxecto moi ilusionante, con ambición e ganas de seguir medrando. Creo que se está construíndo un equipo competitivo, con xogadoras de calidade e cun obxectivo común: traballar ao máximo para conseguir grandes resultados. Estou moi ilusionada por formar parte deste proxecto e convencida de que, con traballo, compromiso e unión, podemos facer unha gran tempada e levar ao club o máis alto”.


























Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.

