A actuación, aínda en execución, conta cun orzamento de 30.819 euros procedentes do Plan Único
Cervo, agosto do 2026. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, supervisou os traballos de mellora da rede viaria no lugar de Figueirido, acompañada pola pedánea da zona, Lidia Galdo para supervisar unha actuación que se está a acometer este días e que supón un investimento de 30.819 euros procedentes do Plan Único.
A intervención céntrase na mellora dun camiño que dá acceso a varias vivendas e parcelas da zona, así como á fonte pública con lavadoiro e ao Rego de Figueirido, co obxectivo de facilitar a mobilidade tanto de vehículos como de peóns e incrementar a seguridade da veciñanza.
A actuación comprende distintos treitos do viario, adaptando a solución ás necesidades de cada un deles. Así, no acceso principal executouse un novo firme de formigón con acabado desactivado, substituíndo o pavimento anterior, que presentaba un importante deterioro debido ao paso do tempo e ás inclemencias meteorolóxicas. Esta actuación tamén permitiu mellorar as pendentes do vial e a drenaxe da zona.
No ramal peonil de acceso á fonte vaise realizar tamén unha limpeza integral do pavimento mediante chorro de auga para eliminar o musgo acumulado, mellorando tanto a estética como a adherencia do firme. Ademais, no acceso ao Rego de Figueirido acondicionouse un novo pavimento de formigón, substituíndo o antigo camiño de terra, o que facilita o tránsito e garante unha maior accesibilidade.
Ademais de facilitar o tránsito, o novo firme permitirá habilitar un espazo máis axeitado para a colocación dos colectores de residuos, mellorando a súa accesibilidade e o servizo de recollida, ao tempo que se prevé a instalación de novo mobiliario urbano para contribuír á posta en valor e á funcionalidade deste espazo de uso veciñal.
A alcaldesa destacou que “seguimos investindo na mellora das comunicacións e dos servizos nos nosos núcleos rurais, atendendo ás necesidades que nos trasladan os veciños e veciñas e actuando sobre infraestruturas que son fundamentais no día a día”.
García Caramés engadiu que “esta actuación permite ofrecer un acceso máis cómodo, seguro e accesible ás vivendas, ás parcelas e tamén a espazos de uso público tan frecuentados como a fonte ou o Rego de Figueirido. Son pequenas obras que teñen unha gran repercusión na calidade de vida da veciñanza e que forman parte do noso compromiso de seguir mellorando as infraestruturas municipais en todos os recunchos do concello”.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



