Viveiro, 1 de agosto de 2026. O Concello de Viveiro presentou a programación completa de actividades para o mes de agosto, un calendario que reunirá propostas culturais, festivas, deportivas e de lecer pensadas para todos os públicos. Dentro desta programación enmárcanse as Festas Patronais de San Roque 2026, organizadas en colaboración coa Comisión de Festas de Viveiro.
Esta colaboración entre ambas entidades permite ofrecer unhas festas que manteñen a súa identidade e tradición ao tempo que incorporan novas propostas para seguir facendo de Viveiro un referente festivo durante o verán.
A programación de agosto inclúe concertos, feiras, actividades culturais, eventos deportivos e iniciativas para todas as xeracións, reforzando a aposta do Concello por dinamizar a cidade e ofrecer alternativas de lecer tanto á veciñanza como ás persoas que visitan Viveiro nestas datas.
Entre as principais novidades desta edición destaca a celebración da Festa da Xuventude, unha nova proposta impulsada para ofrecer un espazo específico de encontro e ocio destinado á mocidade dentro da programación de agosto. Xunto a ela incorpóranse tamén as charangas, que percorrerán o casco histórico enchendo as rúas de ambiente festivo, e o espectáculo do ilusionista e mentalista Ariel Hamui, ampliando a programación con actividades para todos os públicos.
No apartado musical, o cartel contará coas actuacións de David Civera, Alana, Lina e Lola e Niños Bravos, ademais das orquestras Suavecito, Fuego, Los Coleguitas e Vivarium, configurando unha programación variada durante os días grandes das festas.
As celebracións manterán tamén os actos máis tradicionais das festas viveirenses e concluirán coa xa habitual Sardiñada nas Nogueiras, un dos encontros máis emblemáticos do calendario festivo local.
Durante a presentación anunciouse tamén a pregoeira das Festas de San Roque 2026. Se o pasado ano o recoñecemento recaeu nun referente de “Viveiro para o mundo”, nesta edición quíxose poñer en valor a figura dunha persoa que representa como poucas o espírito de “Viveiro para Viveiro”. A elixida é Mari Carmen López Gómez, “Mari Carmen Chipe”, profesora, impulsora do folclore, fundadora de Bágoas da Terra, creadora da Mostra Folclórica Internacional e referente da Semana Santa de Viveiro, en recoñecemento a toda unha vida dedicada á conservación, promoción e transmisión da cultura e das tradicións viveirenses.
A alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, destacou que “as Festas de San Roque son unha das grandes citas do noso calendario e un exemplo do que se consegue cando Concello e tecido asociativo traballan da man. Esta colaboración permítenos ofrecer unha programación de calidade e seguir facendo de Viveiro un referente cultural e turístico durante o mes de agosto”.
Pola súa banda, desde a Comisión de Festas sinalan que afrontan o seu segundo ano á fronte da organización “coa ilusión de continuar consolidando unhas festas abertas, participativas e fieis á identidade de Viveiro, incorporando novidades sen perder a esencia que as fai únicas”.
Toda a programación poderá consultarse a través das canles oficiais do Concello de Viveiro e da Comisión de Festas.





















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



