A formación denuncia unha actuación “autoritaria e incompatible coa democracia” e reclama respostas por escrito, transparencia e desculpas públicas
Abadín, 1 de agosto de 2026. O Grupo Municipal Socialista de Abadín esixiu este sábado a dimisión do alcalde, José María López Rancaño, despois de que expulsase do salón de sesións ao voceiro do PSdeG, Pablo Díaz, cando formulaba preguntas durante o Pleno ordinario celebrado este venres no Concello. Segundo explicou Díaz, o rexedor interveu con normalidade ao longo dos distintos puntos da orde do día, pero tratou de impedir que a oposición exercese a súa función de control cando chegou a quenda de rogos e preguntas.
O voceiro socialista relatou que López Rancaño dixo inicialmente que non se podían formular preguntas e que só rectificou tras a intervención da secretaria municipal. O alcalde aceptou responder ao rogo sobre o arranxo das pistas, pero negouse a contestar o resto das preguntas. Cando Díaz estaba formulando a segunda, retiroulle a palabra e ordenou a súa expulsión da sala.
“O alcalde perdeu os papeis porque non quería responder. Eu limiteime a intervir na quenda que me correspondía, sen interromper nin faltar ao respecto, para cumprir coa obriga que temos como oposición de fiscalizar a xestión do Goberno municipal”, afirmou.
O PSdeG considera especialmente grave que o rexedor tratase de impedir a intervención dun representante elixido pola veciñanza. As e os socialistas denuncian, ademais, que no transcurso do incidente Rancaño estaba “tan perdido” que chegou a marcar o 061, correspondente ás emerxencias sanitarias, en lugar do 062, número de atención da Garda Civil.
“Estamos ante un alcalde que pretende silenciar á oposición cando as preguntas lle resultan incómodas. Expulsar un concelleiro por exercer o seu labor de control é unha mostra de autoritarismo impropia dunha institución democrática”, advertiu Díaz.
Dúbidas sobre o estado dos desfibriladores municipais
Entre as cuestións que o PP impediu formular figuraban varias relacionadas co número, a localización e o estado dos desfibriladores existentes no municipio. O Grupo Socialista pretendía coñecer cantos equipos hai, se están inscritos no Rexistro de Desfibriladores Externos de Galicia, se teñen visible o número de rexistro asignado e se existe persoal coa formación necesaria para utilizalos. Ademais, reclamaba explicacións sobre o feito de que un desfibrilador municipal non tivese batería cando foi necesario durante unha parada cardiorrespiratoria nun establecemento de hostalaría do municipio.
Posible conflito de intereses coa tenente de alcalde
O PSdeG tamén quería aclarar a posible existencia dun conflito de intereses derivado da relación profesional da tenente de alcalde popular cunha empresa que comparte administrador único coa sociedade adxudicataria. A formación pretendía coñecer que medidas se adoptaron Concello para garantir a imparcialidade dos procedementos e se existe constancia escrita da súa abstención nos expedientes relacionados con esa empresa.
En concreto, Díaz pretendía preguntar pola adxudicación dun contrato por importe de 16.419,94 euros á empresa Ingeniería Insitu S.L.U. e por outra factura da mesma sociedade, de 2.274,80 euros, correspondente a “un mes de asesoramento agrogandeiro”.
A formación quería coñecer por que non se solicitou un informe á Secretaría municipal para reforzar as garantías do procedemento e por que “non consta documentalmente a abstención da tenente de alcalde ante a posible existencia dun conflito de intereses”.
O PSdeG reclama que o Concello facilite toda a documentación relacionada con estes expedientes e aclare se se cumpriron as obrigas legais en materia de abstención, transparencia e bo goberno.
Estas cuestións formaban parte dunha ampla batería de preguntas sobre o abastecemento de auga, a prevención de incendios, o mantemento de camiños e infraestruturas, diferentes gastos municipais, os procesos selectivos e a contratación pública.
Desculpas públicas ou dimisión
O Grupo Socialista esixe a López Rancaño que pida desculpas publicamente ao voceiro socialista, ao conxunto da Corporación e á veciñanza de Abadín polo acontecido. De non facelo, considera que debe asumir responsabilidades políticas e presentar a súa dimisión.
Ademais, reclama ao PP que responda por escrito a todas as preguntas formuladas, informe de maneira inmediata sobre o estado dos desfibriladores municipais e entregue a documentación relativa ás contratacións cuestionadas.
“Onte fomos testemuñas dun espectáculo lamentable. O alcalde debe rectificar e pedir desculpas públicas. Se non está disposto a respectar as regras democráticas e a render contas, debe presentar a súa dimisión”, advertiu Díaz.
“As veciñas e os veciños de Abadín merecen respostas, non silencio. Merecen transparencia, non opacidade. Merecen un Goberno que renda contas, non que cale á oposición. Isto non é democracia, é autoritarismo”, concluíu o voceiro do PSdeG.



















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



