Xove, 8 de agosto, 2026. As festas patronais de San Pedro Fiz, en Esteiro, celebraranse os días 8 e 9 de agosto cun programa cheo de música, gastronomía e tradición, pensado para todos os públicos.
O Concello de Xove anima á veciñanza e ás persoas visitantes a participar nesta celebración na honra a San Pedro Fiz, que terá lugar no campo da festa situado nas inmediacións da praia de Esteiro, un dos areais máis fermosos e concorridos do municipio, distinguido coa Bandeira Azul pola calidade das súas augas.
📅 Sábado, 8 de agosto
A programación comezará ás 10:00 h co tradicional lanzamento de bombas de palenque, anunciando que Esteiro está de festa.
Ás 14:00 h, o Grupo Lecer amenizará a sesión vermú.
Pola tarde, ás 20:00 h, celebrarase a tradicional Festa da Empanada e do Bolo Preñado, acompañada pola música dos gaiteiros da A.C. Saíñas de Xove.
A partir da noite, a verbena contará co Grupo Lecer e a Orquestra Sinfonía, garantindo unha velada de diversión para todos os públicos.
Á medianoite terá lugar o tradicional Conxuro da Queimada, seguido dunha degustación gratuíta para todas as persoas asistentes.
📅 Domingo, 9 de agosto
As celebracións continuarán cunha misa solemne ás 13:00 h na capela de San Pedro Fiz (Ceranzos), coa participación do Coro de Valdeflores. A continuación realizarase a tradicional procesión, acompañada polos gaiteiros da A.C. Saíñas de Xove.
De volta ao campo da festa, fronte á praia de Esteiro, ás 14:30 h celebrarase unha gran sesión vermú amenizada polo Dúo Son de Festa, poñendo o punto final a unha fin de semana marcada pola música, a gastronomía, a tradición e a convivencia.
Estas festas están organizadas pola Asociación de Veciños San Pedro de Xuances, que leva semanas traballando con ilusión para que todo saia á perfección. A entidade agradece a colaboración da veciñanza, dos comerciantes e de todas as persoas que contribúen ao bo desenvolvemento desta celebración.
O Concello de Xove, como entidade colaboradora, recoñece o importante labor da Asociación de Veciños na conservación e recuperación desta festa tradicional, exemplo de compromiso co patrimonio cultural e co dinamismo do rural.
O Concello convida a toda a veciñanza e ás persoas que visiten a comarca a achegarse a Esteiro para gozar dunha fin de semana de boa gastronomía, excelente ambiente e música nun enclave paisaxístico privilexiado, onde a harmonía e a hospitalidade converten esta celebración nunha das citas máis especiais do verán no municipio.
























En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



