Viveiro, 3 de agosto, 2026. Viveiro vai vivir unha nova edición da XLVI Mostra Folklórica Internacional, un evento que encherá a vila de música, danza, tradición e intercambio cultural. A Mostra, organizada pola Asociación Cultural Bágoas da Terra e apoiada por institucións públicas e empresas privadas, reunirá agrupacións de Galicia, Asturias, Andalucía, Castela-A Mancha, Armenia, Filipinas, Perú e Guinea-Bisáu, reforzando o carácter internacional dun festival pertencente a CIOFF, entidade vinculada á UNESCO.
A programación arrincará o 5 de agosto coa exposición Ruta Xacobea do Camiño do Mar entre Asturias e Galicia na sala de exposicións do Concello de Viveiro. Ao longo da xornada, as rúas e prazas da vila acollerán audicións musicais dos corpos de música dos grupos participantes, que interpretarán pezas tradicionais dos seus países. Ás 12:00 horas, o grupo infantil Mazantini de Ciudad Real actuará na Residencia Betania.
O 6 de agosto, a Praza Maior converterase no escenario da Mostra Folklórica Infantil, coa participación dos grupos “Xoaniña” de Saiñas de Xove, “Mistura” de San Cibrao, ACR “Os do 21” de O Vicedo e os grupos infantís de Bágoas da Terra —Pindusa, Ledaña e Abrente—, ademais do grupo convidado Mazantini de Ciudad Real.
O 7 de agosto, o protagonismo será para o Concerto de Música Folk de Bágoas da Terra, unha formación que desde 1995 combina instrumentos tradicionais con outros como sanfona, acordeón ou guitarra, creando unha proposta musical diversa que inclúe muiñeiras, xotas, rumbas ou boleros. O grupo, cunha ampla traxectoria en escenarios de Galicia e España, ofrecerá unha audición chea de variedade rítmica e tímbrica.
O 8 de agosto, Viveiro encherase de cor co Desfile das Nacións, que percorrerá as rúas desde o Conservatorio Profesional de Música, seguido da recepción oficial das autoridades cos grupos participantes. Pola noite, o público gozará do espectáculo Especial Andalucía, protagonizado polo Grupo de Coros y Danzas de Ronda (Asociación Folklórica Abul-Beka), que presentará unha mostra do folclore andaluz.
O festival culminará o 9 de agosto coa Gran Gala Internacional, na que participarán o Traditional Dance Ensemble “Hachn” (Armenia), “Pasacat” Philippine Performing Arts (Filipinas), o grupo “Identidad Perú”, “Netos de Badim” (Guinea-Bisáu), Coros y Danzas “Abul-Beka” de Ronda e Bágoas da Terra como anfitrión. A gala porá o broche final a unha edición marcada pola diversidade cultural e pola presenza de agrupacións de catro continentes.
A Mostra contará co apoio da Xunta de Galicia, Galicia Calidade, Xacobeo 2027, Ministerio de Cultura, Concello de Viveiro, Deputación de Lugo e numerosas empresas colaboradoras, que farán posible un ano máis a continuidade dun festival que suma xa 46 anos de historia. A retrospectiva fotográfica incluída na programación permitirá tamén achegarse á evolución do evento e á traxectoria de Bágoas da Terra, unha das agrupacións folclóricas máis veteranas e recoñecidas de Galicia.
A Mostra de Viveiro non é só un festival de verán, é un dos eventos culturais máis rigorosos e prestixiosos de España:
– Selo CIOFF-UNESCO: Organizada por Bágoas da Terra desde 1979, a Mostra está integrada en CIOFF (Confederación Internacional de Organizacións de Festivais de Folclore), organismo colaborador oficial da UNESCO.
– Importancia institucional: É un dos poucos festivais de folclore en toda España que conta coa subvención do Ministerio de Cultura, ademais do respaldo clave de diversas consellerías da Xunta de Galicia, do Concello de Viveiro e da Deputación Provincial.
























Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.



