Vilalba, 5 de agosto, 2026. O Concello de Vilalba celebrará este xoves, 6 de agosto, unha sesión extraordinaria do pleno na que se someterán a aprobación tres proxectos destinados a mellorar infraestruturas municipais e avanzar na eficiencia enerxética. O primeiro é a instalación dunha cuberta vexetal de sedum nas piscinas exteriores, cun investimento de 48.000 euros financiado en gran parte pola Xunta, que permitirá mellorar o comportamento térmico do edificio e adaptalo ao cambio climático. Tamén se abordará a segunda fase do proxecto de aforro enerxético no parque empresarial, que prevé substituír 137 puntos de luz por luminarias LED de alta eficiencia, reducindo o consumo en máis dun 40%.
Finalmente, o pleno tratará a actualización do proxecto de rexeneración dos accesos ao núcleo de Cabanamille, en Belesar, para iniciar unha nova licitación tras quedar deserto o proceso anterior. Con estas actuacións, o equipo de goberno continúa impulsando investimentos que melloran servizos públicos, renovan infraestruturas e avanzan cara a un modelo de municipio máis sostible e eficiente.



















No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



