Barreiros, 14 de agosto, 2026. A carón da capela de San Caetano tivo lugar este domingo a presentación oficial da Romaría de San Caetano, que se celebrará os días 15 e 16 de agosto. No mesmo acto realizouse tamén o pregón, a cargo de Francisco Javier Fraga Fernández, colaborador histórico da romaría e da Festa da Tortilla desde hai case corenta anos. Ao longo de todas estas edicións, Fraga encargouse da elección e coordinación do xurado, ademais de actuar como animador de eventos emblemáticos como o Baile do Farolillo e de mestre de cerimonias nas entregas de premios.
Nado en Celeiro de Mariñaos en 1960, Javier Fraga é un profundo coñecedor das tradicións da parroquia. No seu pregón, cheo de anécdotas, humor retranqueiro e lembranzas persoais, conseguiu emocionar tanto ao público como a el mesmo, nun discurso que puxo en valor a identidade e a memoria colectiva da romaría.
A Asociación Irmandade San Caetano presentou tamén o programa festivo, mantendo a esencia que caracteriza esta celebración desde hai preto de corenta anos: palco de lona e chan de herba, música en directo, actividades lúdico-musicais para nenas e nenos, música tradicional e unha oferta gastronómica que inclúe as populares tortillas. “Por enriba de todo, o máis importante é o disfrute en comunidade”, sinalan desde a organización.
Os trofeos do concurso de tortillas foron elaborados pola artista local Olivia Canoura, veciña de Celeiro de Mariñaos. O deseño do cartel e a imaxe gráfica da festa é obra do creador David Rivas Pena.
🎉 PROGRAMA
Sábado 15 de agosto
11:30 – 13:30 · Presentación das tortillas para o concurso no campo da festa
(Todas as persoas participantes recibirán un agasallo ao entregar a súa tortilla)
13:00 · Misa na capela e procesión acompañada por O Arco da Vella
A continuación · Gran Sesión Vermú coa Agrupación Folclórica O Arco da Vella (San Miguel de Reinante) e a actuación da Charanga Sorcha (Ourense)
· Degustación das tortillas do San Caetano
19:00 · Espectáculo infantil: Pulpiño Viascón – “O Sombreiro Máxico”
20:00 · Xogos tradicionais
22:00 · Verbena con Toxo Guayaba, música cubana con alma galega
· Baile do Farolillo
· Entrega de premios
· Gran chocolatada para pechar a xornada
Domingo 16 de agosto
13:30 · Gran Sesión Vermú coa Charanga Bamboleo (Rábade)
· Servirase xamón cocido e cunca de caldo
17:30 · Concurso Máster Tortilla
18:00 · Entrega de premios e clausura da festa
🥚 Bases do Concurso de Tortillas
A presentación das tortillas realizarase o sábado 15 de agosto, de 11:30 a 13:30, no campo da festa.
Cada participante recibirá un agasallo por cada tortilla presentada.
Cada tortilla levará un número asignado pola organización e un nome elixido polo/a concursante, acompañada dunha nota cos ingredientes.
Os ingredientes obrigatorios son ovo e pataca.
Premiaranse: a tortilla máis grande, a de mellor sabor, a mellor presentada e a máis innovadora.
Cada tortilla só poderá optar a un premio.
A entrega de premios terá lugar durante a verbena do sábado.
O xurado estará composto por cinco persoas designadas pola organización.
A interpretación das bases corresponde ao xurado, así como a resolución de dúbidas.
O fallo do xurado é definitivo e inapelable.
🔥 Concurso Máster Tortilla
Celebrarase o domingo 16 de agosto ás 17:30 no campo da festa.
Participarán seis parellas, que deberán inscribirse ata o día anterior.
A organización proporcionará tixola, utensilios, ingredientes e fogóns.
Haberá premios á tortilla de mellor sabor e á tortilla feita en menos tempo.
🤝 Organiza
Irmandade San Caetano
🏛️ Colaboran
Vicepresidencia Deputación de Lugo – Cultura – Medio Rural
Concello de Barreiros
Gadis
Cenor























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



