O equipo de Goberno demostra que “a oposición do PP é a mellor pagada da historia da Deputación e a máis vaga”
– Gato e Bao aseguran que “o Partido Popular do señor Barreiro cobrou 120 millóns das antigas pesetas por durmir, e estar de vacacións durante 4 meses”
– O organismo provincial incrementa nun 25% o presuposto e os beneficiados do Plan de Pequenas Infraestructuras en Concellos de menos de 5.000 habitantes para 2011
– A Xunta de Goberno deixa enriba da mesa a contratación das obras da Ponte de Arante “debido a desidia da Xunta”
Os voceiros do Goberno provincial, Antonio Gato e Antón Bao, responderon este venres “as graves inxurias” do Partido Popular. Gato e Bao salientaron que o equipo de Goberno da Deputación “nunca se adicou a levantar alfombras, só a traballar” deste xeito, lembraron que se cumpriu todo o programa de goberno do mandato: transferencias dos hospitais ó SERGAS, posta en marcha da UNED, pago do canon hidroeléctrico, creación do consorcio de bombeiros, “e mesmo acabamos cos despilfarros como o da Fundación TOR, creada polo señor Barreiro, onde se dedicaban a cazar e facer festas”. Os voceiros sentenciaron que “seguiremos traballando, que é o que lle fastidia a Barreiro e ós seus, os máis vagos pero os máis caros da historia da Deputación, pero, diante as graves inxurias, non imos quedar calados”.
Gato e Bao aseguraron que numerosos deputados do Partido Popular tiveron un salario nos últimos 4 anos que sumou 624.000 euros. Ademais dos soldos, cobraron en dietas preto de 60.000 euros. “A oposición do PP cobrou nesta lexislatura preto de 700.000 euros, case 120 millóns das antigas pesetas por estar sentados nos Plenos e, para iso, ocupando unha silla coa única finalidade, de pasar de todo, absténdose ou votando en conta de importantes proxectos para a provincia que a Xunta non fai e que a Deputación ten que suplir como contratar 700 parados, ou 60 millóns de euros en obra pública que manteña centos de traballos. O PP do señor Barreiro cobrou 120 millóns das antigas pesetas por durmir, por estar 4 anos de vacacións”. Neste senso, exemplificaron coas ausencias este partido ás mesas de contratación como na que se adxudicou a Administración Electrónica na provincia por 9 millóns de euros, ás comisións do INLUDES, ou as reunións do Padroado da Fundación TIC.
Privilexios da oposición do PP
Os Deputados demostraron con datos porque o Partido Popular “é a oposición máis cara da historia da Deputación e a mellor pagada”.
1º- “O PP do señor Barreiro non só ten soldos da Deputación senón por primeira vez o seu grupo ten 3 asesores pagados con cartos do organismo provincial. Curioso que agora critique o personal de confianza cando parte é de el, e así o votou por unanimidade no Pleno de agosto de 2007 no que se aprobaron os actuais soldos e persoal de libre designación. Isto amosa que renega de si mesmo, a súa falta de lealdade política, ademais da súa obsesión polos cargos dos que el mesmo se serve”. En contraposición, o equipo de goberno non só regulou os salarios, polos que sí se paga a Facenda, senón que por primeira vez os fixo públicos na web www.deputacionlugo.org.
2º- “O PP do señor Barreiro conta por primeira vez para o grupo da oposición cun local acondicionado con todo o equipamento necesario para desenvolver a súa actividade, algo que PSOE E O BNG nunca tiveron nesta institución”.
O equipo de Goberno subliñou que “Barreiro evidencia ter que recorrer á demagoxia ó non ter datos nin argumentos que avalen as súas declaracións que ademais, causan a mesma incidencia nos veciños que no seu propio partido o cal conta xa con 2 membros menos provocando que o PP teña o menor número de deputados na súa historia. Este foi un dos logros do señor Barreiro”.
Asuntos Xunta de Goberno
A Xunta de Goberno aprobou as bases e o modelo de solicitude do Plan de Pequenas Infraestruturas para Concellos de menos de 5.000 habitantes para 2011. O organismo provincial inviste nesta iniciativa 1.072.500 euros, un 25% máis con respecto ó 2010 cuxo orzamento foi de 800.000 euros. Ademais de incrementar a partida orzamentaria, a Deputación tamén aumenta nun 25% o número de beneficiados, pasando dos 41 municipios ós 55. Isto débese ó fin da débeda do canon hidroeléctrico, e á incorporación destes Concellos.
O prazo de envío de solicitudes estará aberto dende o 11 de xaneiro ata o 28 de febreiro. Cada Concello poderá recibir unha subvención do 70%, ata un máximo de 19.500 euros. O 30% restante será aportado polas entidades locais. Os muncipios que optan a estas axudas son: Abadín, Alfoz, Antas de Ulla, Baleira, Baralla, Barreiros, Becerreá, Begonte, Bóveda, Carballedo, Cervantes, Cervo, Castroverde, O Corgo, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Friol, Guntín, O Incio, Láncara, Lourenzá, Meira, Mondoñedo, Monterroso, Muras, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Ourol, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Pantón, Paradela, O Páramo, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, Pobra de Brollón, Pol, A Pontenova, Portomarín, Quiroga, Rábade, Ribas do Sil, Ribeira de Piquín, Riotorto, Samos, O Saviñao, Sober, Taboada, Trabada, Triacastela, O Valadouro, O Vicedo, Xermade, e Xove.
Ponte de Arante
A Xunta de Goberno deixou enriba da mesa a aprobación do expediente de contratación das obras de construción dunha nova Ponte de Arante debido “á desidia da Xunta de Galicia”. Antonio Gato explicou que a Deputación tiña previsto aprobar estas obras na primeira semana de 2011, “coa máxima axilidade”, logo de que o Goberno galego prometera aprobar o proxecto antes do 31 de decembro de 2010, na última reunión da Comisión de Patrimonio do ano pasado. “Por iso, un dos asuntos da orde do día desta Xunta de Goberno foi, tal e como se acordou hai un mes, a contratación das obras da Ponte de Arante. Sen embargo, o organismo provincial non puido aprobar este punto porque a Xunta nin fixo os deberes, nin cumpriu coa súa palabra mentres que a Deputación si”.
En novembro, os departamentos do Goberno galego Augas de Galicia e Patrimonio “por fin se puxeron de acordo e, logo das súas propias discordias”, deron a razón á Deputación ó aprobar que o máis axeitado para garantir a seguridade dos viandantes, e evitar novos derribamentos, era construír unha nova infraestrutura. Deste xeito, acordouse que a Deputación se encargaría de realizar un anteproxecto que redactou e entregou semanas máis tarde, a principios de decembro, para que a última Comisión de Patrimonio de 2010 o aprobase.
“Nós fixemos os deberes redactando, entregando en tempo e forma o anteproxecto, e prevendo a aprobación da contratación destas actuacións na primeira semana de xaneiro porque queremos dar solución dunha vez por todas á situación na que se atopa a Ponte de Arante dende o mes de xuño. Sen embargo, a Xunta non cumpriu, e sen dar explicación algunha, non estudou o anteproxecto na Comisión de Patrimonio de decembro e polo tanto, non nos concedeu o permiso necesario para comezar con estes traballos. O Goberno galego segue a poñer trabas, e agora quere manter unha nova reunión a vindeira semana para avaliar máis informe técnicos cando, nun principio, xa quedaron todos acordados”.
Situación que se repite
Gato Soengas destacou que “esta situación repítese. En xullo, poucos días despois do temporal, entregamos a Patrimonio o primeiro proxecto. En agosto, ante a negativa de derribar a infraestrutura existente, pedíronnos máis explicacións técnicas que lles facilitamos ós poucos días. Logo, non tivemos noticias do Goberno galego ata o mes de outubro. Foi entón, cando Augas de Galicia daba a razón á Deputación e aconsellaba facer unha Ponte nova, mentres Patrimonio insistía en conservar a existente. Finalmente, cando os propios departamentos da Xunta se puxeron de acordo dando a razón á Deputación, acordamos un proxecto aínda que máis caro do previsto – 65.000 euros máis-, e cun prazo de execución máis longo -6 meses fronte ós 4 que plantexaba a Deputación-, o Goberno galego volve a paralizar o inicio dunhas obras que dende hai meses veñen reclamando os veciños de Ribadeo. O Deputado sentencio que “nós realizamos xa varios proxectos en base ás peticións da Xunta. Ademais, temos dende xuño a partida orzamentaria preparada para levar a cabo estas actuacións. Só esperamos, que dunha vez por todas o Goberno galego teña en conta as peticións e as necesidades dos cidadáns da Mariña afectados por esta situacións.


















Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.



