Ribadeo, 18 de agosto, 2026. O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, participou hoxe en Ribadeo nunha visita á exposición fotográfica dedicada ao expresidente Leopoldo Calvo-Sotelo. No acto, advertiu de que España vive un “auténtico programa destituyente” e unha “mutación constitucional por la puerta de atrás”, que ao seu xuízo está a polarizar á cidadanía, deteriorar as institucións e quebrar o sistema de garantías xurídicas. “Padecemos un Gobierno que actúa contra la nación y contra el Estado”, afirmou.
Feijóo criticou que o Executivo de Pedro Sánchez actúe de forma “ausente, inerte e indiferente” ante os intereses, a seguridade, a integridade e a soberanía dos españois. Contrapuxo esta actitude á que, segundo indicou, terían mantido Calvo-Sotelo e Adolfo Suárez, figuras clave da Transición, ante unha situación da gravidade da que vive Ceuta.
Preguntouse: “¿Acaso imaginan ustedes al presidente Calvo-Sotelo rodando unos vídeos sobre sus canciones veraniegas preferidas en un sofá del Palacio de la Moncloa cuando se está ocupando una parte del territorio español? No debemos tomarnos a broma la actuación de este Gobierno, por más que a menudo parezca ridícula”.
Feijóo cualificou como “intento ilegítimo” a modificación do modelo de convivencia que atribúe ao Goberno, aínda que asegurou que España conta con institucións fundamentais na súa defensa: a Coroa, o Poder Xudicial, os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e a sociedade civil.
Segundo afirmou, “No es extraño que la estrategia del Gobierno y de sus socios pase por intentar deslegitimar a estas instituciones y poderes. Todo orientado a dividir a los ciudadanos en dos bandos irreconciliables y plantear las próximas elecciones generales como un plebiscito al efecto”.
Tamén lamentou que membros do Executivo se comporten de forma “tabernaria”, insultando adversarios, cidadáns particulares ou “incluso un hecho sin precedentes, señalar a la Corona”, en referencia ao ministro Óscar Puente.
Feijóo sostivo que o Goberno iniciou un proceso de “ruptura” e “deconstrucción” do sistema constitucional de 1978, e que pretende substituír o actual Estado autonómico por unha “plurinacionalidad” de carácter confederal. Engadiu: “Gobierna, o desgobierna, sin Parlamento, sin presupuestos y abusando del Real Decreto Ley”.
O líder do PP asegurou que a política non ten por que converterse “en este espectáculo bochornoso al que asistimos desde hace ocho años” e expresou o seu desexo de recuperar “la dignidad, el respeto, la competencia en la gestión y la seriedad bien entendida”. Concluíu: “España no está abocada a esta degradación continua”.
Defendeu que a alternativa que lidera representa un proxecto de “renovación y de reconstrucción nacional”, “viable, rigurosa, solvente, con experiencia y realista”, capaz de responder aos problemas actuais sen renunciar aos principios do sistema constitucional de 1978.
Reivindicou ao PP como unha formación comprometida “con la concordia y la unidad de los españoles” e lembrou que representa os valores que Suárez e Calvo-Sotelo insuflaron no sistema político.
Feijóo afirmou que a alternativa do PP debe ser capaz de “concitar el apoyo de esa amplísima mayoría de ciudadanos que demandan un cambio, y lo demandan cuanto antes”. E engadiu: “Mi compromiso, lo afirmo hoy una vez más, es recuperar esa buena política en beneficio de todos los españoles”.
Finalmente, destacou que Calvo-Sotelo simboliza un exemplo de servizo público, ao que definiu como un dos “estadistas fundamentales de la España democrática”, subliñando que sempre puxo os intereses dos cidadáns por diante dos propios.
Contrapuxo aquela forma de entender a política coa situación actual, lembrando que onde homes como Calvo-Sotelo puxeron “entendimiento, fraternidad y concordia”, hoxe hai quen “quiere levantar muros entre ciudadanos”.
E concluíu: “Cuando aquellos hombres antepusieron el interés público, hoy padecemos camarillas que nos avergüenzan porque han puesto el Estado a su servicio. Porque mientras aquellos hombres se esforzaron por articular la diversidad de España dentro de una nación de ciudadanos libres e iguales, hoy se intenta lograr ventajas políticas o electorales subastando la igualdad de los españoles”.

























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



