Pasou. Eclipsou a masacre de palestinos, o que lle veu moi ben a alguén. Por suposto, tamén eclipsou á guerra na Ucraína, da que os diversos intereses occidentais enfrontados entre si fan que vaiamos cambiando de parecer, mesmo esquecendo. Esquecemos tamén por desaparición de novas nese tempo a última corruptela do entorno de Ayuso (no repaso, vexo que é o único nome propio no artigo), e ate as migracións ‘ilegais’ (si, entre comiñas, pois ninguén discute a ilegalidade, pero pódenselle poñer moitas aclaracións a nivel internacional ou estatal) na fronteira sur. Por suposto, tamén quedou eclipsada eses días a chamada crise da vivenda (como se fose unha situación extraordinaria e non propiciada social e legalmente), sen solución á vista nin por parte do goberno nin menos aínda pola oposición. Esas foron algunhas das eclipses destes días.
Pasou. Pero o aumento de prezos que causou xa se trasladou. Tanto á inflación como ó aloxamento para a seguinte eclipse total en España (desta volta, o próximo ano só rozando o sur da península). A seguinte eclipse? Xa os medios están a comezar a facelo eclipsar os incendios. Ou era a tender unha cortina de fume?
Pasaron festas preparadas co gallo da eclipse, pero con outros fins, dende as esotéricas (algunha) as económicas (máis), estando as primeiras ó fin máis dirixidas ó interese da xente participante e as segundas ó interese de lucro. Atrás quedaron algunhas, celebradas ou non entre as nubes da Cornixa Cantábrica, como a das Catedrais, pretendida multitudinaria ó pé dun lugar protexido. Por certo, non hai unha contradición aí? Ou na illa Pancha, pretendida selecta -para iso había que pagar- nun lugar tamén protexido.
O caso é que ‘foi unha experiencia’, esquecendo que todo o podemos experimentar, e polo tanto, ser unha experiencia para nós. Un ‘evento único na vida’, cando na vida todo o que pasa é único, e quen queira, ten unha eclipse o próximo ano a unhas horas de coche. Iso si, se queres aloxamento, prepara pasta.
Consumimos a eclipse: non nola podiamos perder. Desfrutamos -así o dixemos todos os que o vimos- dun momento especial, coa coroa solar ou as perlas de Baily como actuacións estelares, ¡Nunca mellor dito! E mesmo houbo quen tomou fotos nas que as manchas destacan a modo de pencas sobre a cara semioculta do astro rei. Mesmo se queres seguir consumindo, millóns de fotos en internet están á túa espera. Eclipse consumido, deglutido, dixerido … e excretado. Que é o seguinte a consumir?
Unha nota final: desfrutei da eclipse do mellor xeito posible, en boa compañía e entrándome do suceso non só polos ollos, senón tamén polo entendemento e comprensión do que coñecía hai tempo. Unha gozada.















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



