Lugo, 21 de agosto de 2026. A Xunta de Goberno aprobou este venres a adxudicación de dous proxectos para mellorar tres estradas da rede viaria provincial, ao seu paso polos concellos de Burela e Paradela, cun investimento conxunto de máis de medio millón de euros. Así o anunciou a Presidenta Carmela López na rolda de prensa posterior á reunión semanal que tivo lugar no Pazo de San Marcos.
“Se hai algo que define a nosa maneira de facer Goberno é que as nosas prioridades non se quedan nas palabras, senón que se traducen en feitos, e semana tras semana estamos a demostralo con investimentos reais, actuacións concretas e respostas ás necesidades dos nosos veciños e veciñas”, sinalou Carmela López.
No concello de Burela a Deputación adxudicou á empresa ECOASFALT SA os traballos de mellora da LU-P-1510, que é a estrada que conecta San Cibrao e Burela pola Marosa; e a LU-P-1502, que é a vía que vai de Burela a Ferreira do Valadouro. No primeiro caso, as obras afectarán ao tramo desde o límite municipal coa Avenida da Mariña –desde o punto quilométrico 6,16 ao 9,3- e no segundo, desde a Casa da Garda Civil ata o cemiterio municipal, desde o inicio da vía ata o punto quilométrico 1,89.
Os traballos contarán cun orzamento conxunto de 260.000€ para a reapertura e revestido das cunetas, pavimentación con aglomerado en quente e mellora da sinalización. O prazo de execución será de catro meses desde o inicio das obras.
A Presidenta e tamén Alcaldesa de Burela puxo de relevancia a actuación nestas estradas para o municipio mariñá, subliñando que “estamos a falar de dúas estradas fundamentais para Burela e para toda A Mariña”. Fixo especial fincapé López na estrada da Costa, que dá acceso á praia da Marosa e ao seu campo de fútbol. “Unhas instalacións deportivas, que por certo, imos renovar integralmente cun investimento conxunto de 800.000€ entre Concello e Deputación”, esgrimiu.
Por outra banda, en Paradela, detallou a mandataria provincial a Xunta de Goberno contratou a CONSTRUCCIONES Y OBRAS TABOADA RAMOS SLU os traballos para executar a renovación da estrada provincial LU-P-4201, entre Pacios e Mosteirovello. A actuación contará cun investimento de practicamente 246.000 euros e permitirá mellorar preto de catro quilómetros desta vía. Os traballos contemplan a renovación do firme, a mellora das cunetas e a reposición da sinalización.
O proxecto inclúe ademais a creación dun paso elevado á altura do CEIP de San Miguel, co obxectivo de reforzar a seguridade do tráfico nun punto especialmente sensible pola presenza de escolares. O prazo de execución previsto será tamén de catro meses.
Dez novas prazas na Granxa Gayoso
A Xunta de Goberno aprobou tamén a convocatoria e as bases para cubrir dez prazas na Granxa Gayoso, situada en Castro de Rei, mediante o sistema de concurso-oposición. En concreto, convocaranse sete prazas de auxiliar e outras tres prazas de peón, co obxectivo de reforzar os recursos humanos deste centro da Deputación.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



