Cervo, 28 de agosto, 2026. O programa Cervo Concilia pechou este venres o taller de emocións, unha actividade desenvolvida durante o verán da man de Rosa e da súa compañeira canina, Tila, que conquistou ás crianzas participantes a través do xogo, o agarimo e a aprendizaxe.
Ao longo das sesións, as nenas e nenos tiveron a oportunidade de identificar, expresar e xestionar as súas emocións dun xeito natural e divertido, mediante xogos, dinámicas e actividades adaptadas ás súas idades. Tila converteuse nun apoio fundamental para crear un espazo de confianza no que compartir, descubrir e medrar.
Ademais, o grupo achegouse á iniciación á lingua de signos, incorporando novas formas de comunicación de maneira lúdica e participativa, tamén co apoio de Tila.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, asistiu á última sesión para compartir tempo coas crianzas e participar nas actividades, comprobando o entusiasmo e a implicación do grupo. Agradeceu a Rosa e a Tila o seu traballo e dedicación, así como ás familias pola súa colaboración ao longo do taller.
Tras varias semanas de xogos e experiencias compartidas, o taller despídese deixando unha mensaxe clara: todas as emocións teñen o seu lugar, e aprender a recoñecelas e expresalas pode ser unha aventura divertida e chea de agarimo.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



