Lugo, 28 de agosto de 2026. A Xunta de Goberno activou este venres un millón de euros para melloras na mobilidade, cooperar cos concellos, apoiar a actividade económica, reforzar as políticas sociais e impulsar os servizos públicos. Así o anunciou o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, na rolda de prensa posterior á reunión semanal que tivo lugar na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos.
No que ten que ver coa mobilidade, “a Deputación continúa a poñer os recursos onde máis se necesitan: nas estradas, porque articulan a provincia e son fundamentais para o equilibrio territorial”. O Deputado explicou que a institución provincial destina preto de 700.000€ a mellorar a rede viaria da Pontenova, Xermade e Lourenzá.
Na Pontenova, a Deputación licitou por 239.524€ a mellora da rede viaria na parroquia de Conforto, unha actuación que permitirá renovar o firme, acondicionar a drenaxe e aumentar as prestacións e a seguridade de diferentes tramos de vías municipais que dá servizo á veciñanza.
Adxudicado tamén un proxecto en Xermade para a rehabilitación de diferentes tramos de catro estradas provinciais –LU-P-2201 e ramal, LU-P-2203, LU-P-2205 e LU-P-2213- que conflúen no núcleo urbano. Construcciones y Obras Taboada Ramos SLU é a adxudicataria nun prezo de 210.742,63€. “É unha actuación que permitirá mellorar o firme, a drenaxe e a sinalización e que terá un impacto directo na mobilidade diaria da veciñanza e no acceso aos servizos e actividades da capitalidade do municipio”.
Ovisa Pavimentos y Obras SLU resultou adxudicataria en Lourenzá, por 241.745,9€, dun proxecto para a mellora da drenaxe da LU-P-2804 entre Pedrón e A Cazolga ao longo de 4,2 quilómetros.
Mellora de edificios públicos e mobiliario urbano en Foz
A Xunta de Goberno da Deputación aprobou tamén colaborar con Foz cunha achega de 250.000€ para mellorar edificios públicos e adquirir mobiliario urbano. Un acordo que se enmarca na Cooperación cos Concellos e que permitirá, por unha parte, pintar a fachada e renovar a carpintería exterior do CENIMA e da Casa Consistorial; e por outra, adquirir mobiliario urbano: bancos, mupis e marquesiñas.
Festival Osa do Mar
Luz verde para colaborar coa entidade Fanto Fantini cunha achega de 30.000€ para a organización do Festival Osa do Mar 2026. Unha proposta que se celebrará en Burela entre o 2 e o 6 de setembro e que combina música, creación galega contemporánea e posta en valor do patrimonio da Mariña.
Osa do Mar conta cunha programación cultural ampla e accesible, con máis de 18 artistas e formacións, “e constitúe tamén un importante elemento de dinamización económica e turística da comarca, ao favorecer a actividade da hostalaría, o comercio e os servizos locais”, valorou Rivera Capón.
Reinserción penitenciaria
No ámbito social, a Deputación de Lugo destinará 23.900€ á Asociación Penitenciaria Concepción Arenal, para desenvolver o programa Motivación ao cambio, dirixido a persoas internas en centros penais e orientado a fomentar procesos de cambio persoal e facilitar a súa futura reinserción social.
Listas de emprego
Ademais a Xunta de Goberno aprobou este venres novas listas de emprego temporal para catro perfís profesionais: técnico de xestión, ATS-DUE, terapeuta ocupacional, fisioterapeuta. Unha medida que reforza a capacidade da Deputación para cubrir as necesidades de persoal e garantir a prestación dos servizos públicos provinciais.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



