NOTA DE PRENSA
A Biblioteca Pública Municipal de Foz, acaba de fallar o “Certame de Poesía de Nadal 2010” no que participaron numerosos alumnos/as de todos os colexios do Concello de Foz. Da-las gracias por todo isto aos colexios participantes, polo seu interés demostrado para este tipo de actividades e dos que en vários anos consecutivos xa tiveron tamén premio na fase provincial do certame en Lugo.
A entrega de premios será o vindeiro 19 de Xaneiro, ás 19:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura.
CATEGORIA A
Alexandre Andrés Santiago López – 6 anos
Paula López Sánchez – 6 anos
Maria Míguez Rodríguez – 7 anos
CATEGORIA B
Lara Rodríguez Basanta – 11 anos
Lara Díaz García – 11 anos
Daniel Fanego Iglesias – 9 anos
Accesit
Noemi Dasilva García – 11 anos
Tamén ese mesmo día daranse os premios aos gañadores do IX Concurso de Postais Nadal 2010.
1º premio categoría infantil A – Carla Neira Martín
2º premio categoría infantil A – Ana Fernández Fernández
1º premio categoría infantil B – Miryan Rubiera Chao
2º premio categoría infantil B – Joel Martínez Díaz
1º premio categoría xuvenil – Lucía Sara Quevedo Díaz
2º premio categoría xuvenil – Ana Mª Otero Santo-Domingo
De entre os/as gañadores/as a postal elexida para representar o Concello de Foz na súa felicitación institucional, foi a de Lucía Sara Quevedo Díaz do Colexio do Pilar.
O premio especial ao colexio por tanto é para o Colexio do Pilar





















Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.



