Bernat Xamena iniciará este venres 18 de setembro en Navia a etapa asturiana dun desafío que o levará a completar 17 Ironmans en 17 días polas 17 comunidades autónomas
Navia, 16 de setembro de 2026. Navia será este venres, 18 de setembro, o punto de partida da etapa asturiana de Estrella 17, o reto solidario co que o deportista e músico mallorquín Bernat Xamena está a percorrer as 17 comunidades autónomas para impulsar a investigación contra o cancro infantil.
O desafío consiste en completar 17 probas de distancia Ironman en 17 días consecutivos. Cada xornada implica afrontar 3,8 km de natación, 180 km en bicicleta e 42,2 km de carreira a pé.
A novena etapa, correspondente a Asturias, partirá de Navia e finalizará en Ribadesella, completando as tres disciplinas ao longo dunha xornada que atravesará boa parte do territorio asturiano.
Alén do reto deportivo, Estrella 17 ten un marcado carácter solidario. A iniciativa está promovida pola Asociación L’Estrella de na Marta, creada en memoria de Marta, unha nena de oito anos falecida a causa dun tumor cerebral, e conta coa colaboración da Fundación El Sueño de Vicky. O seu obxectivo é dar visibilidade á necesidade de seguir impulsando a investigación do cancro infantil e recadar fondos para este fin.
Bernat Xamena compaxina a súa faceta deportiva cunha ampla traxectoria musical. É trompeta-fliscorno da Banda Municipal de Música de Palma e desenvolveu tamén a súa carreira como solista, docente e músico de cámara.
O seu compromiso cos retos solidarios conta con antecedentes como 4 Illes, un repte solidari, no que completou catro probas de distancia Ironman en catro días para contribuír a dar visibilidade á ELA e ao alzhéimer.
Con Estrella 17, Xamena afronta agora o seu desafío máis ambicioso, convertendo cada etapa nunha oportunidade para difundir a mensaxe de L’Estrella de na Marta e apoiar a investigación contra o cancro infantil.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.


