O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, reuniuse con integrantes do colectivo O San Miguel, do Vicedo, que realizará obras de acondicionamento das súas dependencias co fin de ampliar o espazo dispoñible para organizar actividades
O Vicedo, 16 de setembro de 2026. A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes destina neste exercicio 71.000 euros a colaborar con 10 asociacións veciñais da Mariña na mellora dos seus locais sociais, a través da orde anual de axudas para apoiar o funcionamento destas entidades.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, visitou a sede do colectivo O San Miguel, no concello do Vicedo, que conta cunha achega de 12.000 euros para realizar obras de acondicionamento no interior do inmoble, situado no lugar de Mosteiro.
A finalidade é adecuar unha estancia que aínda presenta acabado de obra, polo que o seu uso se limita ao de almacén. O obxectivo é ampliar o espazo dispoñible para organizar actividades e aumentar o confort das instalacións. A intervención incluirá o revestimento e pintado das paredes, a colocación de tarima no chan e a renovación da instalación eléctrica.
Villares salientou a importancia desta actuación, que beneficiará a un colectivo veciñal moi dinámico, fundado hai catro décadas e do que forman parte máis de 80 familias da parroquia de San Miguel de Negradas.
Dentro da programación que impulsan ao longo do ano – tanto no interior como no exterior do recinto – figuran clases de pilates, talleres de memoria e estimulación física, representacións teatrais e un amplo abano de accións culturais, didácticas e de ocio.
O delegado territorial gabou o papel destas entidades, cuxo labor resulta fundamental para dinamizar os concellos rurais e fomentar a convivencia entre a veciñanza. Apuntou que no conxunto da Mariña, con cargo a estas axudas tamén se financian proxectos en Ribadeo, Foz, O Valadouro, A Pontenova e Alfoz.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



