A alcaldesa, Marta Rouco, e o concelleiro Luis Fernández visitaron en A Frouxeira, Sancovade, a rexeneración integral dun vial de 250 metros realizada a través do parque móbil da Deputación
Vilalba, 16 de setembro de 2026. A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, e o concelleiro Luis Fernández visitaron hoxe o barrio da Frouxeira, na parroquia de Sancovade, para comprobar o resultado dunha das actuacións realizadas a través do parque móbil da Deputación de Lugo, do que dispuxo o Concello de Vilalba.
A intervención consistiu na rexeneración integral dun vial de arredor de 250 metros, que se suma ás diferentes melloras executadas na parroquia de Sancovade dentro dun plan integral destinado a atender as necesidades dos seus viais e accesos.
O uso do parque móbil permitiu tamén desenvolver actuacións noutras parroquias do municipio, como San Simón da Costa, Lanzós, Samarugo e Rioaveso, así como noutros puntos do rural vilalbés.
A alcaldesa, Marta Rouco, destacou que o Concello está a aproveitar todos os recursos dispoñibles para “ir sumando actuacións e mellorando, pouco a pouco, os camiños e accesos das nosas parroquias”.
Lembrou que “son moitos os quilómetros de pistas que precisan melloras e os recursos dispoñibles son limitados, polo que o traballo debe avanzar de maneira progresiva, establecendo prioridades e aproveitando cada oportunidade para chegar ao maior número posible de puntos do rural”.
O goberno local subliña que o mantemento dos camiños rurais require unha planificación continuada, tendo en conta as necesidades das diferentes parroquias e os medios dos que dispón o Concello en cada momento.
“Cada quilómetro rexenerado é unha mellora para a veciñanza que utiliza estes accesos a diario”, engadiu Rouco, reafirmando o compromiso municipal de continuar traballando para mellorar as condicións dos camiños e accesos do rural vilalbés.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.


