Burela, 20 de setembro de 2026. O senador do Partido Popular pola provincia de Lugo, José Manuel Balseiro, vén de rexistrar unha pregunta ao Goberno de España para coñecer se está disposto a defender ante a Comisión Europea a revisión inmediata da prohibición que afecta ao palangre pedra-bóla en 87 zonas do Atlántico nororiental. A iniciativa baséase nas novas evidencias achegadas polo proxecto científico ISPAMER, promovido pola OPP de Burela e desenvolvido coa participación do Instituto Español de Oceanografía (IEO-CSIC), que acredita o reducido impacto desta arte sobre os hábitats mariños e o seu carácter altamente selectivo.
Balseiro lembra que a Xunta de Galicia xa trasladou á Comisión Europea a necesidade de revisar esta prohibición á luz das novas evidencias científicas e considera que agora o Goberno de España debe facer o mesmo e defender con firmeza á frota galega en Bruxelas.
“Se a ciencia acredita que o pedra-bóla é compatible coa protección dos ecosistemas mariños, non ten sentido manter unha prohibición xenérica que está causando un grave prexuízo á nosa frota”, sinala.
“Falamos dunha decisión que non é teórica: está reducindo capturas, facturación e actividade dunha frota estratéxica para portos como Burela e Celeiro e afecta directamente ás familias que viven da pesca e a toda a cadea económica vinculada ao sector”, advirte o senador popular.
Balseiro lembra que o veto afecta directamente a arredor de 200 embarcacións galegas e ten unha especial incidencia na frota palangreira da OPP de Burela, onde supuxo unha perda media de preto de 81 toneladas de pescada do pincho por barco e ano, arredor dun 32% das capturas. Ademais, 21 buques vinculados a 16 empresas armadoras participaron xa no recurso promovido fronte ao veto europeo, o que evidencia o impacto directo desta decisión sobre a actividade pesqueira da Mariña.
“A pregunta é moi clara: vai o Goberno de España atender á ciencia e defender á nosa frota ou vai permitir que siga vixente unha restrición desproporcionada que prexudica especialmente a portos como Burela e Celeiro?”, conclúe Balseiro.





















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



