Alba Sinde critica que o alcalde minimice as deficiencias do centro que atende máis de 40 nenos e nenas e eluda a súa responsabilidade de esixir á concesionaria o cumprimento do contrato
Castro de Rei, 21 de setembro de 2026. O PSdeG de Castro de Rei denunciou no último pleno a falta de compromiso do PP coa seguridade e o mantemento da escola infantil municipal, que atende máis de 40 nenos e nenas, e reclamou a elaboración dun plan integral para resolver as carencias das instalacións e do equipamento. A voceira socialista, Alba Sinde, criticou que o alcalde minimizase as deficiencias detectadas e pretendese limitar a resposta municipal a un proxecto de pintura, sen atender o conxunto das necesidades do centro.
Segundo explicou Sinde, o PP rexeitou apoiar a proposta socialista e cuestionou a veracidade dos problemas expostos. Ante esta postura, o grupo municipal condicionou o seu apoio ao proxecto do goberno local á incorporación da reparación dos cristais e bloques de vidro rotos e á reposición dos protectores das esquinas deteriorados. As e os socialistas apoiaron estas actuacións básicas de seguridade, aínda que as consideran insuficientes e manteñen a reclamación dun plan integral de mellora.
Ademais destes desperfectos, o PSdeG alertou da presenza de cordóns nos estores, que supoñen un risco nun espazo infantil, e de silvas que invaden o patio desde unha parcela veciña. Tamén esixiu a substitución do toldo deteriorado, anunciada polo PP para xullo e aínda pendente. A voceira socialista reprochou que o alcalde recoñecese que seguía sen recibir os orzamentos, o que evidencia “a falta de seguimento e de interese por resolver os problemas do centro”.
Outro dos asuntos abordados foi o estado dos electrodomésticos. O grupo socialista denunciou que a secadora leva avariada desde a etapa de anteriores empresas xestoras e que o lavalouza industrial foi substituído por un doméstico, de menor capacidade. Sinde cuestionou que o alcalde defendese manter este último porque funciona e restase importancia á secadora co argumento de que se utilizaba para secar a roupa dos nenos e nenas. A voceira lembrou que, segundo o contrato, a empresa concesionaria debe substituír os equipos avariados, e rexeitou que o alcalde alegase que non podía actuar se a empresa non o facía: “Ten que esixirlle que cumpra. Para algo existe un contrato e unha responsabilidade municipal sobre o servizo”.
O PSdeG reclamou tamén renovar e ampliar os xoguetes, os contos e o material educativo. Sinde cuestionou a afirmación do goberno local de que se incorporara material en 2025 e asegurou que a información trasladada polo seu grupo estaba contrastada. Como exemplo, sinalou que a escola dispón de apenas sete contos, os mesmos desde a súa apertura en 2005.
Ante o argumento do alcalde de que a escola supera as inspeccións, Sinde reclamou ao PP que deixe de escudarse nos mínimos: “O alcalde debe preguntarse se estaría tranquilo deixando aquí un fillo ou un neto. As familias necesitan seguridade e confianza e o Concello ten que responder con solucións”.
A voceira insistiu en que as reparacións incorporadas ao proxecto municipal non resolven as restantes carencias e mantivo a reclamación dun plan integral de mantemento e equipamento. “Seguiremos reclamando estas melloras e vixiando que os compromisos se cumpran. As nenas e os nenos merecen un centro seguro, coidado e cos recursos necesarios. Garantilo é unha responsabilidade que o PP non pode seguir eludindo”, concluíu.



















Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.


