Viveiro, 22 de setembro, 2026. O Grupo Municipal Socialista reclama ao Goberno local do Partido Popular que ordene a retirada inmediata dos materiais e residuos que continúan na contorna de Naseiro.
O PSOE de Viveiro denuncia o estado de abandono que presentan os campos de Naseiro aproximadamente un mes despois da celebración da tradicional festa, onde aínda permanecen numerosos enseres e materiais pendentes de recollida.
As fotografías achegadas polo Grupo Socialista permiten comprobar a existencia de sofás, colchóns, mobiliario, estruturas, materiais de montaxe e outros voluminosos, tanto nos propios campos como en diferentes puntos da contorna. Algúns destes elementos están directamente sobre o terreo e outros acumúlanse nas proximidades dos colectores.
Desde o PSOE consideran inaceptable que, transcorrido un mes desde a celebración, os campos de Naseiro continúen nesta situación.
“Falamos dun espazo que acolle unha das celebracións máis importantes de Viveiro e que, unha vez rematada a festa, debería quedar correctamente acondicionado e limpo. Non entendemos que despois de varias semanas aínda teñamos que atoparnos con colchóns, sofás, mobiliario e todo tipo de enseres abandonados”, sinalan.
O Grupo Socialista lembra que a limpeza e a retirada de residuos e voluminosos forman parte dos servizos que debe prestar o Concello e están incluídos no contrato de recollida de lixo e limpeza. Por iso, consideran que o equipo de goberno debe explicar por que non se completou esta actuación e, sobre todo, proceder á súa solución inmediata.
A situación está a xerar tamén queixas entre veciños e veciñas da contorna, incluídas persoas das zonas de San Pedro e Chavín, que trasladaron ao PSOE o seu malestar polo estado no que continúa este espazo.
“Non estamos reclamando nada extraordinario. Pedimos que, despois dun evento deste tamaño e unha vez transcorrido un mes, se retire o material que xa non ten utilidade e se deixe a zona nas condicións que lle corresponden, como se fixo sempre”, engaden.
O PSOE considera especialmente preocupante que parte destes materiais permanezan ao aire libre e nas proximidades de zonas de vexetación, ademais do perigo que supoñen elementos cortantes ou rotos, como faros de coches.
Por este motivo, o Grupo Municipal Socialista presenta no Concello un rogo para instar ao equipo de goberno a actuar coa maior brevidade posible e ordenar a retirada de todos os enseres, voluminosos e materiais que aínda permanecen nos campos de Naseiro e na súa contorna.
“Un mes é tempo máis que suficiente para que os campos de Naseiro estean completamente limpos. O que pedimos ao Goberno municipal do Partido Popular é simplemente que cumpra coas súas obrigas e dea resposta ás reclamacións dos veciños”, conclúen.























Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



