Burela, 23 de setembro de 2026. Tourette Galicia volve a Burela con “A Arte do Tourette”, pero desta volta a entrada será de balde facilitando así que todas as persoas interesadas poidan participar.
A Casa da Cultura de Burela acollerá o vindeiro sábado 3 de outubro, ás 20:00 horas, unha xornada aberta ao público que unirá divulgación, música, audiovisual e arte para achegar á sociedade a realidade da síndrome de Tourette.
É unha iniciativa que nace co obxectivo de dar visibilidade a unha condición neurolóxica aínda moi descoñecida e, en moitas ocasións, rodeada de estereotipos. Trátase dun encontro para coñecer, comprender e visibilizar a síndrome dende outra mirada.
A xornada contará coa participación de Roxana Apollonio Cabrera, neuropsicóloga especializada na síndrome de Tourette, colaboradora de Tourette Galicia, ACOVASTTA, e vicepresidenta de TTAG (Asociación Internacional) que realizará unha presentación para achegar ao público un maior coñecemento e comprensión desta condición.
Durante o evento terá lugar a presentación do videoclip “El Laberinto de Alicia”, creado en Burela con motivo do Día da Concienciación da Síndrome de Tourette. Un tema que nace do amor entre irmáns, unha historia real. Música e imaxe convértense así nunha ferramenta para sensibilizar, comprender, emocionar e cambiar miradas.
Outro dos momentos destacados será a proxección do documental “Con moito Tourette” que conta a historia dunha persoa con Tourette que atopa na arte unha forma de expresión. Neste evento o público tamén terá un papel activo a través dunha actividade interactiva, facendo da súa participación unha parte importante deste encontro.
Deste xeito, “A Arte do Tourette” convértese nun evento onde música, imaxe e arte se empregan para dar voz a tics visibles e invisibles, desafíos, talento, superación, inclusión e vida cotiá, mostrando que o Tourette é moito máis ca un tic.
“Queremos que a sociedade vexa máis alá do tic. Detrás de cada persoa con Tourette hai unha historia, capacidades, dificultades, emocións e moito que contar. Coñecer é o primeiro paso para comprender e incluír”, explicaron dende a organización.
Dende Tourette Galicia convidaron “a toda a veciñanza a acompañarnos o vindeiro 3 de outubro en Burela. Aquelas persoas que desexen colaborar coa labor que desenvolve Tourette Galicia poderán realizar unha doazón voluntaria á asociación a través de Bizum, co código 14544”. Engadiron que “a través da solidariedade é posible continuar creando proxectos, acompañando ás familias e, sobre todo, dando visibilidade á Síndrome de Tourette.”
Dende Tourette Galicia tamén quixeron agradecer “especialmente a colaboración do Concello de Burela, fundamental para facer posible a celebración deste encontro, así como a participación e implicación de Roxana Apollonio Cabrera e de todas as persoas que colaboran nesta iniciativa”.
Dende o Concello afirman que consideran “moi importante” colaborar con iniciativas como A Arte do Tourette, que axudan a dar visibilidade a unha realidade aínda pouco coñecida e a romper os estereotipos que existen arredor da síndrome.
Engadiron que “parécenos especialmente interesante facelo a través da arte, da música e do audiovisual, porque permite achegar esta realidade doutra maneira e, sobre todo, axudarnos a mirar máis alá do tic e coñecer as historias e as persoas que hai detrás”.























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



