Xove, 25 de setembro, 2026. O Concello de Xove pon o punto final á tempada festiva coa tradicional Festa do Ramo, que se celebrará os días 2, 3 e 4 de outubro na parroquia de Xuances, no Alto do Cruceiro. Esta edición será especialmente significativa, pois coincide co 20º aniversario tanto da festa como da Asociación Cultural e de Festexos O Alto do Cruceiro, entidade que leva dúas décadas á fronte da organización.
Programa para todos os públicos
Tras as festas de Portocelo, a Festa do Ramo chega cun programa variado que combina gastronomía, música e tradición:
Xoves 2 de outubro – Festa dos Callos (20:00 h)
Serviranse racións de callos con pan e viño a un prezo popular de 10 euros.
Pola noite, verbena con Los Satélites e Discomóbil Conxuro.
Venres 3 de outubro
Misa solemne e procesión na igrexa de Xuances.
Sesión vermú co Grupo Escaparate.
Pola noite, nova actuación de Escaparate e Discomóbil Conxuro.
Domingo 4 de outubro
Sesión vermú prolongada con Verónica Cambón, que porá o peche á festa.
Agradecementos e convite á participación
A Asociación O Alto do Cruceiro agradece a colaboración da veciñanza, dos comercios e das entidades que fan posible esta celebración ano tras ano, así como o apoio do Concello de Xove.
Con motivo do XX aniversario, a organización anima a toda a veciñanza e visitantes a achegarse ao Alto do Cruceiro para gozar dunha fin de semana de festa, boa música, boa gastronomía e, sobre todo, boa compañía. A Festa do Ramo chega aos seus vinte anos mantendo intacto o espírito co que naceu: convivencia, tradición e celebración comunitaria.
























Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.


