Viveiro, 25 de setembro, 2026. A Asociación Centro Comercial Histórico de Viveiro (Viveiro CCH) foi distinguida pola Xunta de Galicia cun dos Premios Extraordinarios do Comercio Galego 2026 polo proxecto “Viveiro conta e o seu comercio tamén”, unha campaña de dinamización que se desenvolverá do 28 de setembro ao 10 de outubro e que inclúe actividades, degustacións, música, premios directos e un gran sorteo final dunha viaxe a Nova York e 2.000 euros.
Este recoñecemento supón un novo fito para a entidade, que suma dous anos consecutivos recibindo premios autonómicos. En 2025 obtivo o Premio Comercio Galego na categoría de Dinamización Comercial, e agora este galardón extraordinario consolida a Viveiro CCH como referente do comercio de proximidade en Galicia.
Un proxecto que pon en valor as historias do comercio local
“Viveiro conta e o seu comercio tamén” naceu para destacar as persoas, as historias e o patrimonio humano que hai detrás dos establecementos da cidade. A iniciativa busca reforzar o vínculo emocional entre a veciñanza e os negocios locais, reivindicando o comercio como parte esencial da identidade de Viveiro e como motor económico e social.
Actividades do 28 de setembro ao 2 de outubro
– 50.000 rifas para o gran sorteo final
– Viaxe a Nova York + 2.000 € en vales de compra (1.000 € + 2 premios de 500 €). O sorteo celebrarase o sábado 10 de outubro ás 20:00 h na Praza Maior. As rifas entregaranse na carpa da asociación na Praza Maior (agás domingos), en horario de 11:00–13:30 h e 17:00–19:30 h, por cada 5 € en compras en negocios asociados.
50.000 rascas e gaña
– Repartidos directamente polos comercios asociados.
– 40.000 con premios directos: descontos, xoias, complementos, tratamentos de beleza, produtos de hostalaría, bolsas, botellas, neveiras isotérmicas…
– Inclúense 5 Rascas Dourados de 100 €, un guiño a Charlie y la Fábrica de Chocolate.
Sábados de Vermuteo e 2.000 premios directos
– Sábados 3 e 10 de outubro (11:00–14:00 h) – Praza de Abastos
-Degustación gastronómica con Celtagal, Mermeladas La Morena, Orixes e Pescados Chavinesa.
– Vermut Botafumeiro, elaborado pola Vivariense, con vales para degustalo en 8 locais de hostalaría asociados.
– Super Ruleta con 2.000 premios directos: paraugas, mandís, bolsas isotérmicas, botellas, chaveiros, entradas de cine…
Actividades infantís e música na Praza Maior
– Sábado 3: xogos tradicionais, orientación, pintacaras e música dos Amigos do Folk.
– Sábado 10: xogos alternativos, pintacaras e maxia co Mago Joge; música da Charanga Santa Compaña.
Gran festa final – Sábado 10 de outubro
De 17:00 a 20:00 h, a carpa da asociación recollerá as papeletas para o sorteo final. A animación correrá a cargo de Conxuro Discomóbil, que porá o broche á campaña.
Concurso “E ti, canto sabes do comercio local?”
Un concurso na rúa con 1.000 € en premios. Cada participante responderá tres preguntas, cun valor de 10 € por acerto. Poderase seguir nas redes sociais de Viveiro CCH (Instagram e Facebook).
Unha campaña que une comercio, cultura e comunidade
A iniciativa conta coa colaboración dos praceiros, a Vivariense, o Conservatorio de Música, Saúde Mental A Mariña, a Asociación Deportiva San Roque, Prato-Do (Viveiro Sostible) e Cines Viveiro. A suma de esforzos permite crear sinerxías e fortalecer o comercio local.
Viveiro CCH, con máis de dúas décadas de traxectoria e preto de 130 negocios asociados, é hoxe unha das asociacións comerciais máis activas de Galicia.
Presentación oficial da campaña
O acto tivo lugar este venres 25 de setembro na sala multiusos do Concello de Viveiro, coa participación de:
– Carmen López, directora territorial de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta
– A alcaldesa Mariña Gueimunde
– Membros da corporación municipal
– Representantes de asociacións da comarca
– Medios de comunicación
– Directiva de Viveiro CCH e a xerente Isabel Méndez






















A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.



